InicioCulturaOito artistas denuncian en Vigo a diferenza de trato e oportunidades das...

Oito artistas denuncian en Vigo a diferenza de trato e oportunidades das mulleres no sector

A artista Almudena Fernández Fariña lembrou que nas facultades de Belas Artes o 70% do alumnado é feminino, "con todo, na práctica profesional da arte representan un 30%".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Deputación de Pontevedra pechou este xoves en Vigo a exposición ‘Dende a Fenda’ cunha xornada reivindicativa onde oito artistas denunciaron a diferenza de trato, oportunidades e presenza das mulleres no sector. Tal como informou o ente provincial, a pregunta ‘Onde están as mulleres na arte?’ foi o punto de partida sobre o cal o oito expertas reflexionaron sobre a brecha de xénero.

A sede viguesa da Deputación acolleu este encontro que contou coa presenza da presidenta, Carmela Silva, e de mulleres relevantes na arte como Sara Donoso, Encarna Lago, Anxela Caramés, Asunta Rodríguez, Almudena Fernández Fariña, Mar Caldas, Amaya González Reyes e Xisela Franco.

Neste sentido, Silva reclamou a necesidade de seguir visibilizando o importante papel que están a xogar as mulleres na arte e na “revolución cultural que vive Galicia”.

“As estatísticas seguen revelando un mundo de desigualdade, como ocorre en todos os ámbitos e, a pesar de que a situación mellorou, as mulleres seguimos sen ter a representación que nos pertence en museos, galerías ou en eventos como as feiras artísticas”, subliñou a presidenta da Deputación.

Tras iso, a primeira das mesas de debate tratou a situación das artistas nos museos e estivo moderada pola comisaria e xestora cultural Sara Donoso, quen destacou que as mulleres están presentes no panorama cultural, polo que hai que incidir en visibilizar o seu traballo.

Pola súa banda, a segunda mesa abordou a problemática da saída profesional das mulleres tras acabar a súa formación e foi moderada pola profesora e artista Almudena Fernández Fariña. Ela lembrou que nas facultades de Belas Artes o 70% do alumnado é feminino, “con todo, na práctica profesional da arte representan un 30%”.

‘Dende a Fenda. Prácticas artísticas e feministas en Galicia’ pechará as súas portas o vindeiro domingo despois de dous meses expondo a obra de dez das máis destacadas artistas galegas.

ÚLTIMAS

O impacto do exfuracán Kirk: ventos de case 150km, tellados e árbores caídas e inundacións

O exfuracán Kirk, xa convertido en borrasca, deixa en Galicia nas primeiras horas deste...

Air Europa cancela os seus voos entre Vigo e Madrid pola borrasca

09/10/2024    10:40H A conpañía aérea anunciou na súa páxina web que quedan cancelados os voos...

O acusado de abusar de dúas menores nega os feitos e as psicólogas ven crible o relato das nenas

Un home acusado de dous delitos continuados de abuso sexual sobre menores de 16...

Condena de 18 anos de prisión por abusar da filla menor dun amigo

A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña condenou a 18 anos e nove...