InicioSucesosOs tres feridos no accidente na A-52 en Salvaterra continúan ingresados

Os tres feridos no accidente na A-52 en Salvaterra continúan ingresados

A reconstrución e investigación dos feitos podería tardar meses.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os tres feridos no accidente da A-52 á altura de Salvaterra de Miño continúan ingresados no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, despois de que fosen trasladados alí o pasado sábado tras producirse o suceso, no que o condutor dun dos dous vehículos implicados perdeu a vida.

Segundo fontes consultadas, tanto a muller do falecido, de 39 anos de idade; como a filla, unha nena de 13 meses, veciñas de Vigo, continúan no centro hospitalario.

Tamén o condutor do outro turismo que impactou contra eles cando invadiu o carril contrario, un mozo de 25 anos veciño de Ponteareas. Precisamente este home atópase na Unidade de Coidados Intensivos (UCI), aínda que evoluciona “estable dentro da gravidade” con prognóstico reservado.

Os feitos ocorreron o pasado sábado, día 7 de xaneiro, sobre as 10,30 horas no punto quilométrico 290 da A-52. Ao parecer, un coche que circulaba en sentido Vigo sairía da vía, atravesado a mediana e accedido ao carril contrario, onde chocou frontalmente contra o turismo no que viaxaba a familia, que ía en dirección Ourense-Benavente.

Debido ao gran impacto, os bombeiros tiveron que excarcerar o corpo do falecido (que conducía un dos coches), así como ao condutor do outro vehículo, o mozo que aínda se atopa na UCI.

Agora, un equipo de reconstrución de accidentes analizará as causas do sinistro. Segundo fontes da Garda Civil, para a reconstrución do accidente é necesario que un grupo técnico se traslade desde Mérida. Estes profesionais operan en toda España en función da urxencia do caso, polo que aínda non hai data de cando se producirá, xa que podería tardar meses.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- O gran showman de Vigo

Aos seus 77 anos en Vigo existe un showman ao cal, despois de varias...

OPINIÓN.- Non hai tempo para reformas mornas

Óscar Lomba Álvarez O mundo está a arder, e non é só a calor do...

Desaloxan a Cidade da Xustiza de Vigo tras saltar a alarma por unha persoa fumando nos baños

A Cidade da Xustiza de Vigo foi desaloxada tras saltar a alarma de incendios por unha...

Vigo “mostrou a súa forza” no concerto reivindicativo do AVE directo a Madrid, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballlero, asegurou este mércores que a cidade "mostrou a...