InicioSucesosFalece un home de 65 anos tras caer á auga o camión...

Falece un home de 65 anos tras caer á auga o camión que conducía na zona do Porto de Vigo

A principal hipótese que se baralla apunta a unha indisposición do condutor

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home due 65 anos de idade foi rescatado sen vida este martes tras caer á auga o camión que conducía na zona do Porto de Vigo. Segundo fontes do 112 Galicia consultadas por Europa Press, as primeiras informacións deste suceso tiveron lugar ás 09,15 horas, momento nos servizos de emerxencias recibiron a primeira alerta, unha chamada dun particular que aseguraba que, na zona portuaria de Vigo, un camión, que levaba enganchado un colector e que posiblemente se atopase alguén no seu interior, caeu ao mar.

Por iso, desde o 112 Galicia deuse aviso á Autoridade Portuaria de Vigo, aos bombeiros da cidade olívica, a urxencias sanitarias, á Policía Local, á Policía Nacional, a Gardacostas, así como a Salvamento Marítimo, que mesmo desprazou ata a zona a unha embarcación auxiliar.

Pouco despois, o Porto de Vigo sinalou ao 112 Galicia que varios mergulladores descenderon ata a cabina, que se atopaba totalmente mergullada, e rescataron do seu interior o corpo sen vida do condutor, un home nado en 1957. Aínda se descoñecen as causas do accidente.

Á zona desprazáronse varios efectivos da Garda Civil para tratar de esclarecer as causas do accidente. Segundo indicaron a Europa Press fontes do Instituto Armado, a principal hipótese que se baralla apunta a unha indisposición do condutor. Nestes momentos, xa se levou a cabo o izado do vehículo, que se atopa fose da auga. Ademais, o xulgado xa procedeu ao levantamento do cadáver.

Tras coñecerse a noticia, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, trasladou as súas condolencias aos familiares da vítima e puxo á súa disposición toda a “cooperación necesaria” do Concello nas tarefas de rescate do cadáver e do vehículo.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...