InicioSociedadeO xulgado impide que buses en ruta collan viaxeiros durante os paros...

O xulgado impide que buses en ruta collan viaxeiros durante os paros de Vitrasa

O xulgado dos Contencioso-Administrativo número 1 de Vigo atendeu parcialmente o recurso presentado polo comité de empresa de Vitrasa, a concesionaria do servizo de transporte urbano de Vigo, contra os servizos mínimos impostos polo Concello.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado dos Contencioso-Administrativo número 1 de Vigo atendeu parcialmente o recurso presentado polo comité de empresa de Vitrasa, a concesionaria do servizo de transporte urbano de Vigo, contra os servizos mínimos impostos polo Concello.

En concreto, adoptou unha medida cautelar que obriga aos autobuses a recoller viaxeiros durante os paros só durante a primeira media hora e non ata a finalización do percorrido, como recollía o decreto publicado polo goberno local.

Tal como informou o comité de empresa nun comunicado, esta medida cautelar farase efectiva a partir do próximo luns, día 9 de xaneiro, cando o persoal de Vitrasa retome o horario de paros que viña desenvolvendo antes de Nadal. Estes son, todos os luns, mércores e venres de 07,30 horas a 09,00 horas; de 14,00 horas a 15,30 horas, e de 00,00 horas a 01,30 horas.

Desta maneira, os autobuses que estean en ruta ao comezo dos paros só terán que recoller viaxeiros durante a primeira hora. Despois, seguirán o seu traxecto ata o final da liña, pero unicamente para deixar aos usuarios que se atopen no interior do vehículo.

Todo iso despois de que o comité de empresa comezase o pasado mes de novembro unha serie de paros parciais co obxectivo de forzar á dirección de Vitrasa a negociar un novo convenio colectivo, caducado desde 2020.

O presidente do comité, Imanol Arnoso (CIG), lembrou que despois de que o xulgado botase abaixo a intención da empresa de non aplicar o convenio en materia salarial, a dirección segue negándose a negociar un novo documento ata que o cadro de persoal acepte unha baixada de salarios.

“A empresa leva 50 anos operando en Vigo e agora pretende manter as súas contas á conta de recortarnos os nosos soldos. Cando tivo beneficios nunca os repartiu entre o persoal e agora que di ter perdas quere rebaixar os salarios”, criticou Arnoso, que tamén criticou o “desentendimiento” do Concello, a pesar de tratarse dunha concesionaria municipal.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...