InicioSucesosLesiona a dúas persoas tras unha discusión por cartos, e despois agrede...

Lesiona a dúas persoas tras unha discusión por cartos, e despois agrede e ameaza aos policías

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo procedeu este mesmo domingo á detención de M.V.G., varón de 40 anos de idade, natural e veciño de Vigo,tras agredir presuntamente a dous coñecidos e dos axentes de policía e apropiarse dun teléfono móbil.

Ás 18:49 horas do día 2 setembro, os axentes foron comisionados para que se trasladasen a un domicilio situado nas proximidades da Avd. De Galicia, onde ao parecer se estaba producindo unha pelexa.

Unha vez no lugar, comprobaron que se trataba dunha casa, onde e segundo información de veciños, momentos antes unhas persoas pelexaran. Na vivenda entrevistáronse cunha muller de 34 anos, e cun varón de 35. Ambas persoas presentaban feridas no rostro e no corpo.

Segundo parece, as lesións producíronse cando un coñecido seu chegou á vivenda
reclamándolle á muller un diñeiro que supostamente lle debía. O coñecido en cuestión era o posteriormente detido M.V.G.

O asunto propiciou unha discusión entre os tres, sendo os moradores da vivenda agredidos polo que se presentou alí, reclamando o diñeiro. Despois do feito, o presunto autor ausentouse do lugar, levándose consigo un teléfono móbil da muller.

Solicitouse o servizo dunha ambulancia para que atendese aos moradores da casa.
Mentres os Policías se entrevistaban cos agredidos, a muller alertou aos axentes de que
M.V.G. estaba nun calello próximo á casa. Neses momentos da intervención, atopábanse tamén no lugar dos feitos axentes do Corpo Nacional de Policía.

Un dos Policía Locais achegouse a onde se atopaba M.V.G., quen en actitude violenta e
para non ser detido, propinoulle un golpe co cóbado no peito. Outro dos Axentes do C.N.P. auxiliou ao anterior, resultando no proceso de detención con lesións
nun cóbado. O comportamento de M.V.G. foi violento en todo momento, proferindo ameazas de morte contra os axentes, segundo aseguran os policías.

ÚLTIMAS

Conexións suspendidas e cambios de frecuencia na ría de Vigo polo temporal

As malas condicións meteorolóxicas, con aviso laranxa activado en todo o litoral, e aviso...

Vigo apaga os 12 millóns de LED do seu Nadal máis internacional cunha mensaxe de paz

A cidade de Vigo puxo fin este domingo, 11 de xaneiro, ao seu Nadal...

O TS recoñece o dereito á suba salarial para o persoal  empregado público a tres colectivos da UVigo

O TS recoñece o dereito á suba salarial para o persoal  empregado público dos...

A Audiencia de Vigo xulga unha administrativa por subtraer 100.000 euros dunha empresa de formigóns

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle este...