InicioSociedadeConexións suspendidas e cambios de frecuencia na ría de Vigo polo temporal

Conexións suspendidas e cambios de frecuencia na ría de Vigo polo temporal

PUBLICADO O

- Advertisement -

As malas condicións meteorolóxicas, con aviso laranxa activado en todo o litoral, e aviso amarelo en terra por ventos, condicionaron o servizo de transporte de ría na baía viguesa, con conexións suspendidas e cambios de frecuencia.

Así, na ruta entre Vigo e Moaña, suspendéronse as viaxes de primeira hora a mañá: as saídas de Moaña das 6.30, 7.30 e 8.30 horas, e as saídas de Vigo das 7.00, 8.00 e 9.00 horas. Fontes da compañía operadora, Piratas de Nabia, confirmaron que o servizo opera con normalidade desde as 9.00 horas, aínda que lembraron que pode haber alteracións ao longo da xornada.

No caso das viaxes entre Vigo e Cangas, a empresa responsable, Mar de Ons, avisaba nas últimas horas que, ao longo da mañá deste luns (entre as 7.00 e as 10.00 horas), as conexións faríanse cada 30 minutos “para adecuar a velocidade dos buques ás inclemencias meteorolóxicas”.

ÚLTIMAS

‘Eterno 10’: así se chama a escultura de Iago Aspas que se instalará xunto ao estadio de Balaídos

Hai futbolistas que transcenden os resultados dun partido, os títulos e as estatísticas para...

A Seguridade Social responsabiliza Stellantis por unha doenza profesional en Vigo e impón un recargo do 30 % nas prestacións

A saúde laboral volve situarse no centro do debate sobre as condicións de traballo...

Caballero di agora que “pide que o Goberno de España pague” parte das obras necesarias para ser sede do Mundial

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, dixo este mércores que el "pide que o...

“Non permitiremos un réxime do medo”, sindicatos e movementos sociais condenan o ataque á sede de UGT de Vigo

Sindicatos, movementos sociais e partidos políticos de esquerda volveron condenar este mércores o ataque...