InicioPolíticaAbel Caballero fai balance dun ano "histórico" para Vigo cun investimento de...

Abel Caballero fai balance dun ano “histórico” para Vigo cun investimento de 218 millóns de euros en obras

Quixo agradecer o "importante apoio" do Goberno de España e a Deputación de Pontevedra.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo este xoves, durante a súa rolda de prensa diaria, o balance dun ano que considera “histórico” para a cidade olívica. O rexedor vigués destacou a “trasformación” que está a vivir a cidade grazas ás 229 obras que se están acometendo por valor de 218 millóns.

“Aprobamos no orzamento do ano 2022 un total de 27 obras por valor de 100 millóns de euros. No mes de febreiro fixemos unha ampliación con 65 obras e 45,8 millóns de euros e o pasado mes de novembro volvemos ampliar con 38 obras e 32,8 millóns de euros. Ademais, acabamos de aprobar un orzamento con 63 obras e 33,8 millóns de euros, sen esquecer a aprobación de forma singularizada de 36 humanizacións no rural vigués por valor de 6,5 millóns de euros”, sinalou.

Caballero destacou obras como as que se realizaron na Porta do Sol, a Vía Verde, o paseo de Bouzas, as ramplas de Gran Vía e a Praza Elíptica, entre outras. “Nunca na historia desta cidade sucedeu nada nin sequera parecido”, asegurou.

O alcalde de Vigo tamén valorou positivamente a actuación do goberno local noutras cuestións como a cultura, o deporte, a educación, a economía e o turismo, que experimentou un gran repunte nos últimos días grazas ás luces de Nadal, que “puxeron a Vigo no mapa”.

Así mesmo, Abel Caballero quixo agradecer o “importante apoio” do Goberno de España e a Deputación de Pontevedra, que permitiu sacar adiante numerosas actuacións e actividades, non sen antes cuestionar o papel da Xunta de Galicia en Vigo.

ÚLTIMAS

Concentración en homenaxe a Maricarmen e contra a “especulación” que “forzou a súa morte” en Vigo

A Alianza pola Vivenda de Vigo, plataforma integrada por varios colectivos sociais, convocou para...

A Xunta outorga ao Concello de Vigo unha concesión de ocupación para a recuperación ambiental da praia de Ou Vao

A Xunta outorgou ao Concello de Vigo unha concesión para ocupar 20.978,11 metros cadrados...

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...