InicioSociedadeCaballero asegura que na primavera se someterá a información pública o proxecto...

Caballero asegura que na primavera se someterá a información pública o proxecto da autovía ao Porriño por túnel

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou que será nos meses de “maio ou xuño” cando se someterá a información pública o proxecto da autovía entre a cidade olívica e O Porriño por túnel, que suporá un investimento duns 300 millóns de euros.

Así o sinalou tras reunirse este pasado martes co director xeral de Estradas, Juan Pedro Fernández Palomino, quen indicou ao rexedor que o túnel terá uns 4,2 quilómetros dos 9 quilómetros que percorrerá esta autovía para evitar o actual trazado da A-55.

Caballero indicou que se prevé que o proxecto estea terminado na primavera, cando será sometido a información pública. Esta iniciativa permitirá eliminar “todos os tramos conflitivos” da actual estrada, segundo subliñou Caballero.

ÚLTIMAS

Vigo crea ‘A Navideña’, unha “Compostelana” que acredita a visita á cidade durante as festas

OO alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou a creación de "A Navideña", un certificado...

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

Tres menores provocan a detendión dun presunto pedófilo tras crear unha conta falsa en redes

A Garda Civil de Vigo detivo a un home de 47 anos, veciño de...