InicioEconomíaStellantis Vigo negociará un novo ERTE cos sindicatos a comezos de 2023...

Stellantis Vigo negociará un novo ERTE cos sindicatos a comezos de 2023 debido á crise de microchips

Aínda se descoñecen as datas nas comezará a manter contactos

PUBLICADO O

- Advertisement -

Stellantis Vigo negociará un novo expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) cos sindicatos a comezos de 2023 debido á crise de microchips e as dificultades loxísticas que a compañía atravesa para mobilizar os vehículos fabricados na fábrica de Balaídos.

Así o aseguraron este martes fontes da empresa consultadas por Europa Press, que sinalan que aínda se descoñecen as datas nas que Stellantis Vigo comezará a manter contactos cos sindicatos para tratar a posibilidade de levar a cabo un novo ERTE na factoría de Balaídos, planta que conta cuns 6.400 traballadores.

A decisión da multinacional coñeceuse na reunión que o comité de empresa mantivo este luns, 19 de decembro, pero que, segundo sinalaron fontes sindicais a Europa Press, non se fará efectiva “ata a volta de vacacións dos traballadores”, que pararán as máquinas desde este venres, 23 de decembro, ata o vindeiro martes, 3 de xaneiro.

“A previsión da compañía é que a situación se solucione a finais de 2023, pero para chegar ata esa data terá que pasar todo un ano. Agora mesmo, tal e como está a situación, vemos que non van deixar de producirse paradas pero oxalá non se chegue ao ERTE”, lamentaron fontes sindicais.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...