InicioSociedadeO Banco de Alimentos de Vigo recada 350.000 quilos de comida durante...

O Banco de Alimentos de Vigo recada 350.000 quilos de comida durante a súa Gran Recollida

"Coa situación económica máis que complicada que estamos a atravesar, cuns prezos dos alimentos disparados, conseguir estes 350.000 quilos de produtos é toda unha inxección solidaria para seguir axudando", subliñou o presidente de Banco de Alimentos de Vigo, Iván Martínez.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo contabilizou uns 350.000 quilos de comida procedentes da Gran Recollida celebrada a finais de novembro, superando así nuns 50.000 quilos os obxectivos marcados pola entidade, que se fixaron en 300.000.

Por iso, a organización agradeceu a colaboración de todos aqueles que participaron na Gran Recollida e lembrou que con ela poderá cubrir as necesidades básicas das persoas vulnerables ás que axuda, polo menos, ata a primavera de 2023.

Tras as dúas últimas citas solidarias en formato virtual, despois da pandemia a aspiración era alcanzar datos de 2019, cando se recolleron 320.000 quilos de alimentos.

“Coa situación económica máis que complicada que estamos a atravesar, cuns prezos dos alimentos disparados, conseguir estes 350.000 quilos de produtos é toda unha inxección solidaria para seguir axudando”, subliñou o presidente de Banco de Alimentos de Vigo, Iván Martínez, quen puxo en valor “a empatía e a sensibilidade” dos doantes.

Desde a entidade tamén agradeceron o labor dos preto de 2.000 voluntarios que participaron nesta Gran Recollida. “A presenza física de voluntarios é fundamental, non só porque nos achegamos á sociedade dunha maneira directa, senón porque ao vernos co peto azul, estamos a lembrar que existe unha realidade social de persoas sen recursos que nos necesitan“, engadiu Martínez.

O presidente tamén fixo unha mención especial á madriña desta edición, a xornalista Alba Lago, destacando a súa “sensibilidade e implicación” coa causa.

ÚLTIMAS

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...

A concelleira de Seguridade de Vigo rexeita dimitir á espera da sentenza do caso Saltamontes: “Non está nas nosas mans”

A concelleira de Seguridade do Concello de Vigo, Patricia Rodríguez, recoñeceu estar "pendente" do...

O novo contrato de ‘renting’ dos coches da Policía Local custará 3,4 millóns ata 2030

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo adxudicou este venres, por 3,4...