InicioSociedadePP de Vigo pide "coherencia" ao Goberno para que conxele as peaxes...

PP de Vigo pide “coherencia” ao Goberno para que conxele as peaxes da AP-9

O pleno do Concello de Vigo aprobou este mércores unha moción presentada polo grupo municipal do Partido Popular para instar o Goberno central a que adopte as medidas necesarias para conxelar as peaxes da AP-9.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O pleno do Concello de Vigo aprobou este mércores unha moción presentada polo grupo municipal do Partido Popular para instar o Goberno central a que adopte as medidas necesarias para conxelar as peaxes da AP-9.

Esta iniciativa saíu adiante cos votos a favor do PP e a abstención do PSOE, Marea de Vigo e BNG. Foi o portavoz ‘popular’, Alfonso Marnotes, o encargado de defender esta moción, pedindo “coherencia” ao Executivo de Pedro Sánchez e subliñando a importancia que esta autoestrada ten para Vigo e a súa área metropolitana. Para el, é “razoable” que o Goberno adopte medias para impedir que os usuarios paguen unha nova subida das peaxes, que roldaría o 10%.

Pola súa banda, a concelleira socialista María José Caride puxo o foco na necesidade de negociar coa concesionaria para evitar que as peaxes poidan seguir subindo, xa que a opción proposta polos ‘populares’, ao seu xuízo, significa compensar con diñeiro público ditas subidas, para evitar que sexan pagadas polos usuarios. “A concesionaria vai seguir cobrando o mesmo”, lamentou.

Caride indicou que o Goberno xa vai destinar uns 65 millóns de euros para as bonificacións que puxo en marcha na AP-9. “Entendemos que hai que traballar nunha solución”, sentenciou. Así mesmo, BNG e Marea de Vigo criticaron ao PP por presentar esta moción, xa que culpan ao partido de facilitar que a concesión da AP-9 ampliásese ata 2048.

ÚLTIMAS

O goberno de Vigo pedirá en pleno que a Xunta garanta o abastecemento de auga de Vigo

O goberno de Vigo, liderado por Abel Caballero (PSOE), levará ao pleno do próximo...

Trasladadas dúas persoas que resultaron afectadas nun incendio dun piso en Vigo

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital tras verse afectadas por inhalación de...

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...