InicioSociedadeO BNG defende "pór por diante" ao sector pesqueiro fronte ao parque...

O BNG defende “pór por diante” ao sector pesqueiro fronte ao parque eólico mariño proxectado no litoral vigués

A deputada nacionalista tamén sinalou que o "elemento crave" neste debate é saber "quen manda no noso mar"

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) defendeu a prioridade do sector pesqueiro fronte á ameaza do parque eólico mariño proxectado a uns 50 quilómetros do litoral de Vigo.

Durante un encontro celebrado este xoves en Baiona con confrarías e colectivos ambientais, o BNG esixiu “pór por diante as necesidades dos sectores produtivos galegos fronte aos de multinacionais estranxeiras que promoven esas instalacións que crean graves impactos sobre as zonas afectadas”.

“Galicia é unha das principais potencias pesqueiras europeas e toda esa riqueza e ese potencial non se poden someter aos intereses de empresas multimillonarias que non deixan ningún beneficio aquí”, declarou a portavoz de Pesca do BNG no Parlamento de Galicia, Rosana Pérez.

A deputada nacionalista tamén sinalou que o “elemento crave” neste debate é saber “quen manda no noso mar”. Nese sentido, Pérez reclamou o dereito dos galegos a “ordenar e regular o litoral e a definir a política enerxética de Galicia en función das necesidades e potencialidades da Comunidade”, e non de intereses alleos que explotan os recursos sen ter en conta as consecuencias sobre o medio e os sectores produtivos.

Así mesmo, Pérez acusou tanto ao Partido Popular (PP) como ao Partido Socialista (PSOE) de “conivencia cos promotores destes parques eólicos mariños, dos que existen a día de hoxe sete proxectos en trámite nas costas galegas.

Durante o encontro, no que tamén estiveron presentes representantes institucionais do BNG dos concellos afectados das comarcas de Vigo e do Baixo Miño, falou o biólogo e coordinador do grupo de traballo de pesca do BNG, Joam Luís ‘Césio’ Ferreiro, quen advertiu de que “se están escondendo os graves impactos de proxectos de eólica mariña sobre o litoral galego mentres se publicitan os seus beneficios”.

ÚLTIMAS

Falece un traballador en Mos tras caer desde altura na parroquia de Sanguiñeda

Un traballador faleceu este mércores no municipio pontevedrés de Mos tras precipitarse ao baleiro...

Vigo traslada a gala da Reconquista ao Auditorio Mar de Vigo para ampliar o aforamento

O Concello de Vigo ultima os preparativos para a gala da Reconquista, que se...

O Celta busca un talismán contra o Real Madrid; a camisola celeste que luciu Madonna no 1990

O Real Club Celta puxo en marcha unha rechamante iniciativa co fin de localizar...

Aqualia confirma metais pesados na auga da traída municipal da parroquia de Beade, en Vigo

A Xunta de Galicia notificou ao Concello de Vigo e á empresa concesionaria Aqualia...