InicioVigo e contornaVigoCortado o tráfico nunha rúa do barrio de Castrelos en Vigo despois...

Cortado o tráfico nunha rúa do barrio de Castrelos en Vigo despois de caer un muro

Serían as abundantes precipitacións producidas na urbe olívica as causantes da caída dun muro de terra na mañá deste xoves, precipitándose sobre a calzada sen causar máis danos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As fortes choivas rexistradas na cidade de Vigo nos últimos días provocaron o desprendemento dun muro no barrio de Castrelos, que obrigou a pechar a rúa Subida á Costa mentres se traballa nos labores de limpeza.

Segundo fontes da Policía Local consultadas por Europa Press, serían as abundantes precipitacións producidas na urbe olívica as causantes da caída dun muro de terra na mañá deste xoves, precipitándose sobre a calzada sen causar máis danos.

A tal hora continúan os labores de limpeza na zona, para tratar de restablecer o tráfico pola vía.

ESCALA DE CRUCEIRO POR MAL TEMPO

Por outra banda, o mal tempo obrigará ao cruceiro Amera, operado por Phoenix Reisen, ha realizar unha escala non prevista en Vigo na tarde deste xoves.

Tal como informou o Porto de Vigo, este buque chegará á cidade sobre as 17,00 horas procedente de Funchal (Portugal) e permanecerá atracado na Estación Marítica ata mañá venres, que partirá sobre as 18,00 horas, pondo rumbo a Ijmuidem (Países Baixos).

O barco, consignado por Pérez & Cía, traerá a bordo 546 pasaxeiros e 368 tripulantes.

ÚLTIMAS

Caballero levará de novo ao pleno a proposta para que Xunta e Deputación financien voos desde Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Goberno municipal volverá presentar unha...

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...