InicioSociedadeO XI Foro de Investigación Xuvenil reúne a alumnos cataláns e galegos...

O XI Foro de Investigación Xuvenil reúne a alumnos cataláns e galegos para intercambiar coñecementos este xoves en Vigo

Un total de oito centros educativos presentarán os traballos de investigación realizados por escolares de secundaria nas aulas e en materias optativas, compartindo as súas experiencias con todos os presentes a través de relatorios orais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Máis de 100 alumnos de Galicia e Cataluña intercambiarán coñecementos científicos en Vigo no marco do XI Foro Intercomunitario de Investigación Xuvenil impulsado polos centros educativos CPR Plurilingüe Alborada de Vigo e o Instituto Cairat de Esparreguera e organizado coa dirección técnica do Instituto Cultura, Ciencia e Tecnoloxía (ICCT) e a Unión de Cooperativas de Ensino de Traballo Asociado de Galicia ESPAZO COOP.

O encontro, que ten por obxectivo crear lazos de unión e coñecementos mutuos, desenvolverase este xoves e venres, días 24 e 25 de novembro, no Paraninfo da Escola Universitaria de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo (UVigo).

Un total de oito centros educativos presentarán os traballos de investigación realizados por escolares de secundaria nas aulas e en materias optativas, compartindo as súas experiencias con todos os presentes a través de relatorios orais.

“Este foro supón un importante aliciente para os estudantes, xa que lles permite adquirir as competencias básicas fundamentais e a motivación necesaria de face orientar os seus futuros estudos”, reivindicou o preside do ICCT, José Luís Vázquez.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...