InicioVigo e contornaVigoPablo Milanés, un discreto vigués de adopción

Pablo Milanés, un discreto vigués de adopción

PUBLICADO O

O cantautor cubano Pablo Milanés faleceu na madrugada deste martes aos 79 anos en Madrid despois de permanecer hospitalizado por unha enfermidade oncohematológica, segundo informou a súa oficina artística.

“Con gran dor e tristeza, lamentamos informar de que o mestre Pablo Milanés faleceu esta madrugada do 22 de novembro en Madrid. Agradecemos profundamente todas as mostras de agarimo e apoio, a toda a súa familia e amigos, nestes momentos tan difíciles (…) Permanecerá eternamente na nosa memoria”, esgrime un comunicado difundido nas redes sociais do artista.

Pablo Milanés residiu en Vigo dende o ano 2014 compartindo vida o a historiadora galega e á súa vez representante Nancy Pérez Rey coa que Pablo Milanes compartiría parternidade dos seus fillos mellizos Pablo e Rosa, nados en Vigo. E tamén coa que compartiría un riñón, doado por esta última ao artista cubano no ano 2014 cando Milanés adoecía dunha insuficiencia renal grave.

A familia residía na céntrica avenida García Barbón onde Pablo declararía o seu especial vínculo con Galicia e con Vigo en particular.

Segundo sinalan, Pablo atopábase estable e as infeccións que lle levaron ao hospital empezáranlle a afectar no últimos tres meses ao seu estado de saúde, todo iso derivado da enfermidade que sufría desde facía varios anos. Precisamente, dita enfermidade esixiulle instalarse en Madrid a finais de 2017 para recibir un tratamento “inexistente” en Cuba, lembrou a súa oficina.

Tras a súa hospitalización, Milanés viuse obrigado a cancelar concertos previstos para as próximas semanas, entre os que estaba programado un en Pamplona, así como en Cidade de México ou Santo Domingo. O artista, nacido na cidade cubana de Bamayo o 24 de febreiro de 1943, é gañador de dous Grammy Latinos (2006) e unha figura á Excelencia Musical (2015).

Algún dos seus grandes éxitos foron cancións de amor como ‘Yolanda’, ‘El breve espacio’ ou ‘Ámame como soy’, todo iso conxugando xéneros e sonoridades que ían desde a tradición á modernidade, abarcando jazz, rumba, o bolero ou o son.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...