InicioSucesosDetido en Vigo un home que tratou de agredir aos policías tras...

Detido en Vigo un home que tratou de agredir aos policías tras chocar ao conducir triplicando a taxa de alcol

deu un resultado positivo de 0,78 e 0,76 miligramos de alcol por litro de aire expirado

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home, J.F.G. de Vigo e 29 anos de idade, foi detido este pasado domingo na cidade olívica tras tratar de agredir a axentes de policía que foron atendelo despois de chocar o seu coche ao conducir triplicando a taxa de alcol permitida. Tal como informou a Policía Local, os feitos ocorreron sobre as 16,50 horas, cando unha persoa alertou da existencia dun accidente de circulación na avenida de Madrid.

Unha vez no lugar, os actuantes observaron dous coches estacionados na beiravía dereita da devandita vía, un deles tratando de remolcar ao outro cunha corda. O turismo remolcado presentaba un forte golpe na parte dianteira. Por iso, os axentes achegáronse a preguntar, momento no cal o individuo que estaba no coche accidentado tratou de ausentarse, sendo interceptado.

“O home, ao ver frustrada o seu huída, resistiuse violentamente contra os actuantes, logrando estes repeler a agresión e procedendo á súa inmovilización”, engadiu a Policía Local.

Ao presentar síntomas de atoparse baixo os efectos de bebidas alcohólicas, realizáronselle dúas probas, dando un resultado positivo de 0,78 e 0,76 miligramos de alcol por litro de aire expirado, o que excede o límite penal establecido. Así, foi detido pola suposta comisión dun delito contra a seguridade viaria.

ÚLTIMAS

Abel Caballero di que Vigo “arrastrará” a Xunta e deputación para que a cidade “sexa mundialista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este luns que Vigo será mundialista porque...

Carmela Silva (PSdeG) critica ao PP porque “nunca confiou nin axudou” a Vigo

A candidata do PSdeG ao Senado pola provincia de Pontevedra e primeira tenente de...

José Couñago encabezará a candidatura socialista á Alcaldía de Mos nas eleccións locais de 2027

José Couñago encabezará a candidatura do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Mos nas próximas eleccións...

A falta de compoñentes obriga a Stellantis Vigo a suspender a produción do modelo Peugeot 2000

Stellantis Vigo suspenderá a actividade produtiva do Sistema 1, o que fabrica o Peugeot...