InicioSociedadeO BNG reclama frear o "fenómeno especulativo" dos pisos turísticos e pide...

O BNG reclama frear o “fenómeno especulativo” dos pisos turísticos e pide ao Concello que actúe

"Non podemos permitir que Vigo continúe sendo o segundo municipio en toda Galicia por detrás de Sanxenxo en número de pisos turísticos", lamentou o portavoz do BNG vigués, Xabier Pérez Igrexas,

PUBLICADO O

- Advertisement -

O concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, pediu ao Concello olívico que actúe para frear o “fenómeno especulativo” dos pisos turísticos na cidade, polo que propuxo a posta en marcha dunha ordenanza municipal e medidas urbanísticas para frear o aumento de vivendas destinadas a visitantes, “que superan xa a oferta dispoñible para aluguer e que están a empuxar os prezos á alza”.

“Non podemos permitir que Vigo continúe sendo o segundo municipio en toda Galicia por detrás de Sanxenxo en número de pisos turísticos”, lamentou Pérez Igrexas, quen alertou de que esta situación está a agravar “o problema de acceso social a unha vivenda”.

Ademais, o concelleiro nacionalista asegurou que se trata dun fenómeno “absolutamente desregulado” que está a abrir a porta a “moitos abusos”, polo que urxiu ao goberno local que conteña este incremento, xa que en Vigo hai máis de 700 pisos rexistrados para usos turísticos e prevese que alcancen o mil a final de ano.

Por todo iso, desde o Bloque reiteraron a súa proposta de pór en marcha unha ordenanza municipal que regule esta actividade, limitando a súa proliferación, así como adoptando medidas a nivel urbanístico que garantan que as vivendas da cidade non se destinan a usos especulativos.

ÚLTIMAS

Condenan ao Concello de Vigo por incumprimentos en materia de riscos laborais e debe indemnizar a 4 funcionarios

O Tribunal de Instancia de Vigo, Sección Social, praza 3, condenou o Concello de...

Caballero denuncia o “mal funcionamento” do transporte escolar en Vigo e reclama máis profesorado

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, lamentou o “mal funcionamento” do transporte escolar este...

O Álvaro Cunqueiro estrea o luns un novo Hospital de Día para reducir ingresos e desconxestionar Urxencias

O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo inaugurará o vindeiro luns, día 28 de setembro,...

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...