InicioSociedadeCondenan a un banco a abonar 2.500 euros a un cliente de...

Condenan a un banco a abonar 2.500 euros a un cliente de Vigo por autorizar unha operación que superaba o límite

Contra o fallo non cabe presentar recurso.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Vigo condenou á entidade bancaria ‘Caixabank‘ a abonar a un cliente 2.559 euros ao autorizar unha operación co seu cartón de crédito por ese importe cando tiña un límite de 2.500 euros.

A sentenza, difundida este xoves polo TSXG, relata que o demandante afirmou recibir o 16 de maio de 2021 un correo electrónico, supostamente enviado pola entidade bancaria, “que aparentemente tiña os mesmos cores e logotipo”, no que lle instaban “a actualizar o seu cartón para non ser bloqueada”.

Así mesmo, o demandante asegurou picar na ligazón que contiña o correo electrónico e facilitar os datos do seu cartón. Ademais, o home indicou que se mesmo día, recibiu un SMS no que lle informaban de que se realizou unha operación de 2.559 euros.

A resolución xudicial sinala que o denunciante “non acreditou os feitos relatados”. Doutra banda, si se puido probar que o límite do cartón estaba establecido en 2.500 euros.

Deste xeito, a xuíza considera na sentenza que o demandante non acreditou ser vítima dunha fraude por suplantación de identidade do banco, coñecido como ‘phishing’. Ademais, o demandante non achegou “copia do correo electrónico, nin do SMS que di recibir”.

Con todo, a súa demanda estimouse ao entender que a entidade bancaria incumpriu o estipulado no contrato, xa que o límite para as operacións con cartón era de 2.500 euros. Contra o fallo non cabe presentar recurso.

ÚLTIMAS

Arde un prototipo creado por estudantes na Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo

Un incendio nun garaxe anexo da Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo, no campus...

Disputa familiar nas redes sociais mobiliza ás forzas de seguridade

A Garda Civil investiga a unha decena de persoas das zonas de Vigo e...

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...