InicioSociedadeUnhas 1.200 persoas correrán o vindeiro domingo en Vigo a X Carreira...

Unhas 1.200 persoas correrán o vindeiro domingo en Vigo a X Carreira Solidaria pola Esclerose Múltiple

PUBLICADO O

- Advertisement -

Case 1.200 persoas sumaranse o vindeiro domingo, día 30 de outubro, á X Carreira Solidaria ‘Eu Móvome pola Esclerose Múltiple‘ organizada pola Asociación Viguesa Avempo, que pechou este pasado martes as inscricións para a proba presencial con 1.164 participantes anotados para os percorridos de 5 e 10 quilómetros e a ‘andaina’.

Por iso, dita asociación agradeceu o “gran apoio social” recibido nos últimos días tras o seu chamamento debido á crise que atravesa polos problemas de financiamento do evento.

Para poder seguir recadando fondos para a causa, a entidade manterá as inscricións abertas ata o domingo na modalidade virtual da carreira e os donativos a través do ‘Dorsal 0’ solidario.

Por iso, a organización confía en poder alcanzar os 1.700 participantes inscritos e así aumentar a recadación para manter con ela a contratación dun profesional, “imprescindible para a mellora da calidade de vida das persoas afectadas”. En total, ata agora hai 1.450 inscritos contando todas as modalidades.

ÚLTIMAS

Vigo pide o cesamento da conselleira de Medio Ambiente pola súa “irresponsable xestión” da presa de Eiras

O pleno de Vigo aprobou, cos votos a favor dos socialistas e a abstención...

Buscan en Nova Zelandia a un mariñeiro galego que viaxaba a bordo dun palangreiro con base en Vigo

Efectivos de procura tratan de localizar a un mariñeiro galego, un xefe de máquinas...

Trasladada ao hospital con queimaduras unha veciña de Vigo tras un incendio na súa vivenda

Unha veciña de Vigo foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro ao resultar ferida, con...

Vigo tomado por miles de “papanoeles” con fins solidarios

A tradicional "Papanoelada" de Vigo volveu a encher a cidade olívica de vehículos de...