InicioPolíticaFernández-Tapias pide desbloquear "de forma inmediata" o IES de Navia e a...

Fernández-Tapias pide desbloquear “de forma inmediata” o IES de Navia e a apertura da estación

A presidenta do PP de Vigo, Marta Fernández-Tapias, sinala que "ao alcalde se lle acaban as escusas. É unha vergoña o que fai e xa non sabe como explicar por que bloquea 50 millóns para Vigo",

PUBLICADO O

- Advertisement -

A presidenta do PP de Vigo, Marta Fernández-Tapias, pediu ao alcalde, Abel Caballero, que desbloquee “de forma inmediata” a construción do IES de Navia, a urbanización da ETEA e a apertura da nova estación de autobuses intermodal.

Nun comunicado, acusou a Caballero de “esconderse ante as evidencias” e asegurou que o rexedor non quere que a Xunta inicie as obras “xa que está en campaña electoral e por iso non vai permitir un investimento que non é súa”. “É a historia de sempre”, lamentou Fernández-Tapias mostrando a súa hartazgo.

“Ao alcalde acábanselle as escusas. É unha vergoña o que fai e xa non sabe como explicar por que bloquea 50 millóns para Vigo”, engadiu a tamén delegada do Executivo autonómico na cidade.

Por exemplo, respecto da estación de autobuses, a presidenta do PP de Vigo insistiu en que a infraestrutura está acabada desde hai máis de catro meses. “Pero quen vai crer a estas alturas que non queremos pór ao servizo dos vigueses unha estación xa finalizada? É todo vergoñoso e agora sabemos a verdade, ten que acabar as súas obras do ascensor HALO e pretende culpar á Xunta das súas incompetencias”, criticou.

“As escusas sobre a ETEA son aínda máis peregrinas porque tan só ten que pór os terreos a disposición da Xunta. Hai 12 millóns para urbanizar a zona e permitir que se constrúa a residencia da Fundación Amancio Ortega e o alcalde segue enredando“, engadiu Fernández-Tapias.

Por iso, Fernández-Tapias subliñou que este mércores Caballero ten unha “ocasión espléndida” de explicar por que ten todos eses proxectos parados, solicitando ao alcalde que “cumpra coa súa obrigación” e asista ao pleno para dar explicacións.

Precisamente este martes a concelleira de Urbanismo, María José Caride, deu unha rolda de prensa, onde volveu a trasladar que o Concello non se fía da Xunta sobre a construción do IES de Navia, polo que non porá a disposición do Executivo galego os terreos se non asinan un convenio onde se establecen orzamentos e prazos.

ÚLTIMAS

Un atuneiro dunha empresa viguesa, implicado nun naufraxio cun desaparecido nas Galápagos

O atuneiro 'Ría de Aldán', comprado o ano pasado pola viguesa Wofco, viuse implicado nun accidente...

Restablecen a circulación na ponte de Rande logo dun accidente múltiple que provocou retencións

A circulación na ponte de Rande quedou restablecida despois de algo máis dunha hora...

O AVE Vigo – Porto tardará 50 minutos, pero non se sabe cando estará operativo

Portugal prevé que a conexión en tren de Vigo ao Porto sexa de 50 minutos...

A Xunta intervirá Ambulancias del Atlántico con tres técnicos de Tragsa e xestionará a entrega de nóminas

Os sindicatos CIG, CC.OO. e USO informaron, nun comunicado conxunto, do achegamento de posturas...