InicioSucesosDetido en Vigo tras agredir a súa parella na rúa golpeándoa contra...

Detido en Vigo tras agredir a súa parella na rúa golpeándoa contra un poste

Ocorreu no Camiño da Seara e foron os propios veciños os que alertaron aos axentes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home, D.R.M de Vigo e 37 anos de idade, foi detido na madrugada do pasado sábado na cidade tras agredir a súa parella en plena rúa golpeándoa contra un poste, tirándolle do pelo e arroxándoa ao chan.

Tal como informou a Policía Local, os feitos ocorreron minutos antes das 01,45 horas e foron os propios veciños os que alertaron aos axentes, informando de que unha muller fora agredida no Camiño da Seara.

Unha vez no lugar, a vítima relatou aos funcionarios que se atopaba volvendo a casa coa súa parella cando o home tomou unha actitude “violenta e agresiva” cara a ela, comezando a insultala, a ameazala e finalmente a agredila.

Así, tal como ela mesma contou, acantoouna contra un poste e suxeitouna da cabeza para golpeala contra o mesmo, tirándolle do pelo e arroxándoa ao chan. A escena foi observada por varios veciños, que increparon o home, polo que abandonou o lugar.

Por iso, a muller, de 41 anos, foi trasladada a un centro sanitario para ser atendida debido a que estaba a sangrar e tiña un dente danado.

Ademais, púxose en marcha un operativo de procura, que atopou o home na avenida da Florida fumando mentres paseaba, sendo detido como presunto autor dun delito de violencia de xénero.

ÚLTIMAS

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...

Detidas tres mulleres dunha mesma familia en Vigo por explotar sexualmente a mulleres estranxeiras

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a tres mulleres da mesma familia como...

Vigo retoma o xuízo contra a trama que fabricaba ‘narcolanchas’ tras sucesivas suspensións

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra retomará a partir do luns o...