InicioSucesosDetido en Vigo tras agredir de forma reiterada a súa muller

Detido en Vigo tras agredir de forma reiterada a súa muller

Foi a propia vítima a que alertou aos axentes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home, J.O.T.A. de Vigo e 49 anos de idade, foi detido pasadas as 03,30 horas da madrugada deste venres na cidade tras supostamente agredir de forma reiterada á súa muller.

Tal como informou a Policía Local, foi a propia vítima a que alertou aos axentes, asegurando que a súa parella a agrediu no domicilio conxugal. Ela mesma explicou que o seu marido a empurrou, tiroulle do pelo e deulle un lapote no peito.

Ademais, indicou que estas situacións se repetían nos últimos meses, debido á mala situación económica que atravesaban.

Tras avisar á ambulancia para atender a muller, procedeuse á detención do home como presunto autor dun delito de violencia de xénero.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...