InicioEconomíaPorto de Vigo colabora na procura de solucións para dar saída aos...

Porto de Vigo colabora na procura de solucións para dar saída aos coches de Stellantis congestionados en Bouzas

Acorda con Zona Franca e Xunta ceder espazo na Plisan para acoller temporalmente vehículos mentres non se soluciona a situación

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Porto de Vigo continúa colaborando na procura de solucións ao problema de conxestión que existe na actualidade en importantes terminais de coches europeas e que, por extensión, tamén está a afectar á de Bouzas, onde permanecen aparcados miles de coches producidos na factoría viguesa do grupo automobilísticos Stellantis.

Tal como indicaron desde a Autoridade Portuaria olívica nun comunicado, as causas desta situación son múltiples, como as derivadas do desequilibrio da economía mundial tras a pandemia ou a invasión de Ucraína por parte de Rusia.

Isto provocou a falta de aprovisionamentos de determinadas pezas, a alza do prezo da enerxía, unha produción irregular ou folgas que afectan os transportes por estrada en diferentes zonas de Europa.

“Esta situación global está, por unha banda, dificultando a evacuación de automóbiles desde o Porto de Vigo e, por outra, obrigando a buscar novos destinos nos que desembarcar as unidades exportadas desde Vigo, dado o colapso que existe noutras terminais a nivel europeo”, subliñou o Porto de Vigo.

Por iso, a institución que preside Jesús Vázquez Almuiña mantén reunións con representantes de Stellantis e dos operadores loxísticos da terminal co obxectivo de buscar posibles alternativas ao stock dos vehículos fabricados na cidade.

Entre estas solucións, e ante a necesidade de que se incrementen tanto o número de barcos como a súa frecuencia para desconxestionar a terminal, o Porto de Vigo, a Xunta e a Zona Franca acordaron ofrecer espazo na Plataforma Loxística e Industrial de Salvaterra-As Neves (Plisan) para o almacenamento temporal destes vehículos, onde hai capacidade para acoller unhas 7.000 unidades. Ademais, entre este mércores e xoves uns 6.000 modelos abandonarán Vigo en varios buques.

ÚLTIMAS

Vigo convértese en epicentro da oncoloxía de precisión con máis de 40 expertos de toda España

A cidade de Vigo acollerá este mes o VIII Simposio Nacional de Oncoloxía de...

A meteoroloxía obriga a desviar tres voos con destino Peinador

Tres voos que tiñan previsto aterrar no aeroporto de Peinador, en Vigo, foron desviados...

Caballero acusa á RFEF e ao PP de vetar a Vigo como sede do Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reiterou este martes as súas acusacións contra o...

A CIG denuncia que o modelo de Muface prioriza o beneficio económico sobre o dereito á saúde

A CIG denunciou este luns que o modelo de mutualismo administrativo está deseñado para...