InicioEconomíaO sindicato SIT-FSI amplía a súa maioría no comité de Stellantis Vigo...

O sindicato SIT-FSI amplía a súa maioría no comité de Stellantis Vigo e a CIG queda sen representación

Ademais dos 21 representantes de SIT-FSI, o novo comité contará con catro delegados de UGT, tres de CUT e tres de CC.OO.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os traballadores de Stellantis Vigo elixiron o seu novo comité de empresa nas eleccións celebradas este xoves e venres, nas que o coñecido como “sindicato amarelo”, o Sindicato Independente de Traballadores (SIT-FSI), ampliou a súa maioría, alcanzando 21 representantes e o 64% dos votos.

Isto supón mellorar os seus resultados con respecto ao anterior comité, onde tiña 20 delegados de 33 integrantes. Nesta ocasión, elixíronse 31 representantes, xa que o persoal diminuíu en algo máis de 300 empregados.

Durante dúas xornadas, os traballadores de Stellantis elixiron os membros do comtié, dos cales 27 foron para o Colexio de Especialistas e non Cualificados e catro para o de técnicos e administrativos.

Ademais dos 21 representantes de SIT-FSI, o novo comité contará con catro delegados de UGT –14,36% dos votos–, tres de CUT –8,72 por cento– e tres de CC.OO. –8,45 por cento dos votos–. A CIG quedou sen ningún representante.

Tras as últimas eleccións, celebradas en outubro de 2018, o comité de empresa quedou formado por 20 delegados do Sindicato Independente de Traballadores (SIT), 4 delegados de UXT, 4 delegados da CUT, 3 delegados de CC.OO. e 2 delegados da CIG.

ÚLTIMAS

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...