InicioSucesosInvestigan un menor no Morrazo por comprar un medicamento para fabricar droga

Investigan un menor no Morrazo por comprar un medicamento para fabricar droga

Supostamente utilizou a identidade doutra persoa para adquirir ilegalmente un fármaco.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil investiga penalmente un mozo do Morrazo que supostamente utilizou a identidade doutra persoa para adquirir ilegalmente un fármaco empregado para elaborar unha sustancia estupefaciente coñecida como Karkubi ou a ‘droga dos pobres’.

As pescudas realizadas polo Equipo de Investigación do Posto Principal da Garda Civil de Cangas iniciáronse cando un veciño do municipio, que tiña prescrito o medicamento, recibiu información de que unha terceira persoa comprara recentemente este fármaco usurpando a súa identidade.

Dábase, ademais, a circunstancia de que o denunciante extraviara recentemente un tarxeteiro que contiña o D.N.I. e o Cartón Sanitario do Sergas. As pescudas concluíron coa identificación dun mozo de 17 anos, tamén veciño da comarca do Morrazo, que, segundo se puido comprobar, conseguiu que lle dispensasen o medicamento polo menos en dúas farmacias da comarca.

O menor foi notificado en presenza dos seus pais, como presunto autor dun delito de usurpación de identidade. As dilixencias instruídas entregáronse no Xulgado de Instrución de garda de Cangas e na Fiscalía de Menores.

ÚLTIMAS

Carmela Silva (PSdeG) critica ao PP porque “nunca confiou nin axudou” a Vigo

A candidata do PSdeG ao Senado pola provincia de Pontevedra e primeira tenente de...

José Couñago encabezará a candidatura socialista á Alcaldía de Mos nas eleccións locais de 2027

José Couñago encabezará a candidatura do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Mos nas próximas eleccións...

A falta de compoñentes obriga a Stellantis Vigo a suspender a produción do modelo Peugeot 2000

Stellantis Vigo suspenderá a actividade produtiva do Sistema 1, o que fabrica o Peugeot...

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...