InicioPolíticaO PP de Vigo quere crear unha oficina para asesorar sobre as...

O PP de Vigo quere crear unha oficina para asesorar sobre as ‘okupacións’

No segundo trimestre tiveron lugar no conxunto de Galicia 31 demandas por ocupación ilegal de vivendas, fronte aos 458 desafiuzamentos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O portavoz municipal do PP de Vigo, Alfonso Marnotes, volveu reclamar ao Goberno local a creación dunha empresa municipal de vivenda e expuxo destinar recursos a unha oficina que se encargue de asesorar e informar a poboación de Vigo sobre ocupacións ilegais.

O portavoz popular lamentou que mentres que concellos de toda España “crean plans contra a okupación”, en Vigo “non se faga nada”. “Son situacións que condenan ás familias a non poder dispor das súas vivendas, a seguir pagando facturas e consumos de terceiros e a longos e custosos procesos xudiciais sen atopar un acompañamento municipal”, incidiu.

Para reverter esta situación, o concelleiro do PP sinalou que a Oficina Municipal de Ocupación Ilegal de Vivendas podería actuar de coordinadora entre a Policía Local, as Concellarías de Benestar Social e Urbanismo e o departamento de estatística. Ademais de facilitar asesoramento e información aos propietarios e veciñanza afectada pola ocupación dunha vivenda, encargaríase de analizar, en coordinación cos servizos sociais, as situacións individuais das familias afectadas e das persoas ocupantes.

DATOS

Os xulgados galegos practicaron no segundo trimestre deste ano 458 lanzamentos, un 2,5% máis que no mesmo período de 2021. Ao tempo, o último estudo do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) ingresou tan só no conxunto de Galicia 31 demandas por ocupación ilegal de vivendas en casos nos que os propietarios son persoas físicas, entidades sen ánimo de lucro ou entidades públicas posuidoras de vivenda social.

ÚLTIMAS

Centos de persoas saen á rúa en Vigo contra a crise da vivenda: “Nin unha Maricarmen máis”

Centos de persoas concentráronse este luns na Porta do Sol de Vigo, convocadas pola...

Vigo suspende por sorpresa a licitación do bus urbano, o maior contrato da súa historia

O Concello de Vigo publicou este luns na Plataforma de Contratación do Estado o...

A Xunta acorda a expropiación de case 15 hectáreas de monte comunal en Mos para a cidade deportiva do Celta

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a resolución da Consellería de...

A UVigo supera o 100 % de ocupación nos graos e suma 3.883 novas matrículas

A Universidade de Vigo (UVigo) alcanzou unha taxa de ocupación do 103 % na...