InicioEconomíaA Xunta pide ao Goberno "impulsar" un novo Perte para "garantir o...

A Xunta pide ao Goberno “impulsar” un novo Perte para “garantir o futuro” de Stellantis

"É urxente que o Goberno asuma que o sector da automoción en Galicia necesita de respostas que permitan eses investimentos", sentenza Conde.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, pediu ao Goberno central que “acelere” a convocatoria do “grupo de traballo comprometido” e “impulse” un novo Perte que permita a Stellantis “garantir o seu futuro” en Vigo.

En declaracións aos medios nun comercio de Santiago, o vicepresidente primeiro asegurou que o futuro da factoría viguesa “depende dun novo Perte” e dunha “iniciativa por parte do Goberno que permita vincular os investimentos de Stellantis para desenvolver as novas plataformas”.

Así, insistiu en demandar ao Executivo central que convoque “canto antes o grupo de traballo comprometido” e determinar deste xeito novas medidas para que a multinacional “identifique as axudas e desenvolva estes investimentos”. Conde remarcou que o Perte actual “se demostrou que foi un fracaso”, “independentemente de que Stellantis poida entrar, pero cun investimento mínimo”, xa que “en ningún caso garante o futuro da planta en Vigo”.

Ademais, o titular de Economía sinalou que nestes momentos a situación de Stellantis “está comprometida” pola “falta dun Perte que realmente permita os investimentos”, así como debido a que “o Goberno mantén as súas discrepancias internas sobre a construción da subestación Novo Vigo”, polo que “desde o punto de vista enerxético” indicou que “tampouco hai unha solución por parte do Goberno”.

“É urxente que o Goberno asuma que o sector da automoción en Galicia necesita de respostas que permitan eses investimentos que nestes momentos non está a ter”, remarcou Conde.

ÚLTIMAS

Vigo marchou dividido nas protestas do 25N

Miles de persoas saíron á rúa este mércores en Vigo para expresar a súa...

O barco de Greenpece máis efeciente leva o selo vigués

Trátase dun veleiro de 75 metros cuxo deseño sitúa no centro a propulsión eólica...

Sindicatos convocan unha concentración este venres en Vigo no marco da folga do sector da perfumaría

Comisións Obreiras (CC.OO.) e UXT convocaron este venres en Vigo unha concentración no marco...

Un coche arde na AP-9 á altura de Peinador e provoca novas retencións quilométricas en Vigo

A AP-9 volveu rexistrar importantes problemas de circulación este mércores, 25 de novembro, tras...