InicioPolíticaO PP acusa o alcalde de "prexudicar" Vigo ao non reunirse con...

O PP acusa o alcalde de “prexudicar” Vigo ao non reunirse con Rueda

O rexedor olívico volveu insistir en que ese encontro "era unha pantomima" e que o Concello recibiu a "negativa" do presidente a todas as reclamacións.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A delegada da Xunta en Vigo e candidata do PP á Alcaldía da cidade, Marta Fernández-Tapias, acusou este mércores ao alcalde, Abel Caballero, de “prexudicar gravemente aos vigueses” ao negarse a manter unha reunión co presidente galego, Alfonso Rueda.

Segundo sinalou, desde o goberno autonómico tentouse “buscar un punto de encontro para desbloquear proxectos, infraestruturas e servizos” para a cidade, pero o alcalde “negouse”. “Este mesmo martes a súa compañeira de partido (Inés Rey, rexedora da Coruña) deixou claro que o seu principal obxectivo é beneficiar os seus veciños, e non só acudiu á reunión con Alfonso Rueda, senón que tamén foi coa vontade de chegar a acordos”, constatou a delegada territorial.

Por contra, lamentou, “en Vigo está todo paralizado polo alcalde”. “É indignante. Non creo que ningún vigués estea de acordo no bloqueo ao Casco Vello, á estación de autobuses, á ETEA ou a Navia. Outras cidades avanzan mentres o alcalde segue inmerso en guerras absurdas co único obxectivo da rendibilidade electoral”, engadiu. Respecto diso, apuntou que o propio Abel Caballero “recoñece de forma implícita” que “o único que buscaba era o seu propio interese” ao afirmar que non concede fotos electorais.

Preguntado acerca destas críticas, o rexedor olívico volveu insistir en que a reunión con Rueda “era unha pantomima” e que o Concello recibiu a “negativa” do presidente a todas as reclamacións que lle expuxo por escrito. “Envieille 45 puntos a Rueda, e a resposta foi ‘non’ a todo. Eu non dou entrevistas a quen previamente di que ‘non'”, sentenciou.

Abel Caballero esixiu a Rueda “que explique á cidade por que noutras cidades todo é ‘si’ e todo son investimentos”, mentres rexeita as formulacións de Vigo. “Se alguén volve negar esta cidade e a maltratala, que non conte comigo para darlle ningún beneplácito”, aseverou, e puxo como exemplo o investimento da Xunta na conexión da Cidade da Cultura coa AP-9 mentres que “no Ifevi non fai nada” para mellorar os accesos.

ÚLTIMAS

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...

A Fiscalía pide ano e medio de prisión para un home acusado de acosar con insultos homófobos a un traballador en Vigo

Un home de 39 anos enfróntase a unha petición fiscal de ano e medio...