InicioSucesosReteñen un mercante en Redondela con 20 persoas de Indonesia que non...

Reteñen un mercante en Redondela con 20 persoas de Indonesia que non formaban parte da tripulación

A inspección pretende aclarar se viaxaban a bordo de forma legal.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Inspectores de Capitanía Marítima –que realizan as inspeccións no marco dos controis París-Mou– retiveron, de forma cautelar, ao buque mercante no peirao da factoría de Pescanova, en Redondela, para confirmar que os 20 pasaxeiros que viaxaban a bordo o facían de formal legal.

Fontes do operativo explicaron a Europa Press que a lexislación marítima internacional permite viaxar ata 12 persoas nos buques rexistradas como pasaxeiros. Neste caso, facíano un total de 20 persoas, pero estas mesmas fontes aclararon que de forma excepcional se pode amplíar este tope de viaxeiros.

Neste sentido, a actuación que leva a cabo co buque ‘Cool girl’ pretende aclarar se estes 20 pasaxeiros, que chegaron coa documentación completada –con nomes e pasaporte– o fixeron con autorización das autoridades panameñas.

Ante a inspección, non se rexistraron queixas das condicións da viaxe destas persoas, que embarcaron en Malvinas, a bordo do mercante, que continúa coa descarga de peixe desde o pasado venres.

ÚLTIMAS

Sumar Galicia impulsa unha proposta de coalición de esquerdas en Vigo de face ás próximas eleccións municipais

Movemento Sumar Galicia remitiu unha carta a Esquerda Unida, Verdes Equo, Anova e Podemos...

O aeroporto de Vigo opera con “normalidade” no cuarto día de folga dos controladores aéreos

Os aeroportos de Vigo e A Coruña funcionan "con normalidade" na xornada deste luns,...

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...