InicioSociedadeCastrelos acollerá a 39ª marcha en apoio ás persoas con discapacidade intelectual

Castrelos acollerá a 39ª marcha en apoio ás persoas con discapacidade intelectual

Xa son máis de 500 os participantes para esta edición, por un prezo de 5 euros por dorsal para axudar á asociación.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O parque de Castrelos de Vigo acollerá o vindeiro domingo, día 9 de outubro, a 39ª Marcha Solidaria Aspanaex, en apoio á Asociación en favor das persoas con Discapacidade Intelectual da provincia de Pontevedra.

Así o anunciaron este luns en rolda de prensa as persoas organizadoras, que explicaron que será a partir das 09,30 horas cando o recinto reciba ás persoas que se queiran inscribir. Ás 10,00 horas comezará o quecemento e ás 10,30 horas iniciarase o percorrido. Xa son máis de 500 os participantes para esta edición, por un prezo de 5 euros por dorsal para axudar á asociación.

En total, serán 6 quilómetros de percorrido, con saída e chegada ao parque de Castrelos, segundo indicou o alcalde, Abel Caballero. Ademais, haberá sorteos ao final da andaina.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...