InicioDestacadasPleno de Vigo aproba unha moción para frear o veto á pesca...

Pleno de Vigo aproba unha moción para frear o veto á pesca de fondo

Insta o Goberno a que poña en macha ante a Comisión Europea "todos os mecanismos legais" para impedir a entrada en vigor desta medida.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O pleno de Vigo aprobou este mércores unha moción presentada polo grupo socialista na que se insta ao Goberno central a que poña en macha ante a Comisión Europea “todos os mecanismos legais” para frear a entrada en vigor do veto á pesca de fondo en 87 caladoiros do Océano Atlántico.

A moción, defendida por Elena Espinosa e aprobada por unanimidade, tamén solicitaba ao Executivo español que pida todos os estudos científicos necesarios ao Instituto Español de Oceanografía (IEO) para trasladarllos á Comisión Europea e instaba á Xunta de Galicia a que apoie as accións do Goberno.

Ademais, solicitaba ao presidente autonómico, Alfonso Rueda, que se reúna coa presidenta da Comisión Europea para frear a posta en marcha do regulamento. Espinosa subliñou que os socialistas “non están de acordo nin no fondo nin na forma” coa decisión da Comisión, e lamentou que non se solicitaron estudos de impacto socioeconómico da devandita norma.

Na mesma liña falou o concelleiro do BNG, Xabier Pérez Igrexas, quen criticou tamén o silencio “incomprensible” da ministra de Traballo, Yolanda Díaz. Rubén Pérez, de Marea de Vigo, insistiu na importancia de achegar todos os estudos científicos necesarios para que Bruxelas reverta esta decisión. Pola súa banda, Teresa Egerique, do PP, puxo o foco no ministro de Agricultura e Pesca, Luís Planas, ao que lle pediu que presente o recurso necesario para que a norma non entre en vigor.

MOCIÓN BNG

O pleno tamén votou este mércores outra moción en defensa da pesca, neste caso presentada polo BNG, e solicitou á Xunta que convoque “con carácter inmediato” o Consello Galego de Pesca para organizar unha resposta unitaria de todo o sector do mar ante o regulamento de Bruxelas.

Esta iniciativa, que foi aprobada en parte por unanimidade e rexeita algún dos seus puntos, solicitou ao Goberno despregar tamén todas as accións para lograr a anulación do regulamento, para esixir a suspensión da súa entrada en vigor o próximo 9 de outubro.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- “A hemeroteca do Faro de Vigo: un patrimonio que debe ser accesible a todos”

A hemeroteca do Faro de Vigo é un tesouro cultural e histórico que contén...

Un vigués entre os 11 detidos por facer grafitis en trens de Cataluña

Unha operación conxunta entre Policía Nacional, Mossos d'Esquadra e Garda Urbana de Barcelona (GUB)...

Tres excarcerados tras o choque de dous vehículos na A-55 en Mos

Tres persoas tiveron que ser excarceradas nun aparatoso accidente entre dous coches ocorrido na...

Condenado a 2 anos de cárcere e perda do carné por 4 anos o condutor novel que embestiu a unha motorista en Coruxo no...

O xulgado do Penal 2 de Vigo condenou á pena de 2 anos de cárcere ao...