InicioEconomíaA planta de Stellantis en Vigo volverá parar este mércores por problemas...

A planta de Stellantis en Vigo volverá parar este mércores por problemas de aprovisionamento

No que vai de mes de setembro suspendeu a súa produción total ou parcialmente unha ducia de días

PUBLICADO O

- Advertisement -

A factoría de Stellantis en Vigo volverá parar parcialmente a súa actividade por falta de aprovisionamentos, segundo comunicou a dirección da empresa ao persoal, e suspenderá este mércores o traballo do sistema 1.

A parada afecta nesta ocasión á liña de produción que monta os modelos Peugeot 2008, C-Elysée e Peugeot 301, e ao tres quendas. Está previsto que se retome o traballo o xoves ás 6,00 horas.

No que vai de mes de setembro, a planta de Stellantis en Vigo suspendeu a súa produción total ou parcialmente unha ducia de días, incluídos todos os fins de semana. Eses ‘paróns’ na actividade, estiveron precedidos por outros en agosto, cando tamén tivo que suspenderse a produción varios días tras a reincorporación das vacacións por problemas de aprovisionamento.

ÚLTIMAS

Cinco detidos en Vigo por un alixo de 200 quilos de cocaína chegado nun portacontedores desde Sudamérica

A Policía detivo a cinco persoas pola súa suposta vinculación cun cargamento duns 200...

O BNG alerta de que 9 de cada 10 alugueiros en Vigo superan os 700 euros e esixe declarar a zona tensionada

O BNG de Vigo alertou este martes de que 9 de cada 10 vivendas...

O PP de Vigo esixe a Caballero que rompa o seu “silencio cómplice” ante o pacto entre o PSOE e ERC

O PP de Vigo esixiu este martes ao alcalde da cidade, Abel Caballero, "que...

Patronal e sindicatos abren en Vigo a negociación do convenio do Metal

A cidade de Vigo acolleu este martes a primeira toma de contacto da mesa...