InicioSociedadeVigo usará 7 dos case 30 millóns de euros do crédito extraordinario...

Vigo usará 7 dos case 30 millóns de euros do crédito extraordinario a pagar o prezo da luz

O Concello de Vigo adxudicou en febreiro pasado o contrato da subministración enerxética deste ano a Iberdrola, por un total de 6,5 millóns.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O goberno municipal de Vigo levará a pleno para a súa aprobación unha modificación de crédito extraordinario por “case 30 millóns de euros”, cinco máis dos anunciados polo alcalde hai uns días, para acometer diferentes obras na cidade e para pagar a diferenza do contrato de subministración de enerxía eléctrica debida á subida de prezos, que se estima en 7,3 millóns de euros.

Segundo explicou Abel Caballero, nunhas declaracións remitidas aos medios, dos novos fondos dispoñibles (cando haxa aprobación definitiva no Pleno) dedicaranse 7,3 millóns de euros ao “suplemento do pago do prezo da luz”.

Así, entre os incrementos na subministración enerxética, o rexedor puxo algúns exemplos: o prezo encareceuse tanto na iluminación pública, como no gasto dos grupos semafóricos, iluminación de parques e xardíns, a subministración a colexios públicos ou o das instalacións deportivas. O Concello de Vigo adxudicou en febreiro pasado o contrato da subministración enerxética deste ano a Iberdrola, por un total de 6,5 millóns.

Por outra banda, o alcalde desvelou tamén outras das actuacións que recibirán fondos con cargo a este crédito extraordinario: a humanización de García Barbón entre Isaac Peral e Sanjurjo Badía, a humanización da rúa Pablo Igrexas e a reordenación da rotonda da rúa Olímpicos, a humanización de Cesáreo Vázquez, a cuberta do CEIP Frián, o ‘skate park’ cuberto de Navia, o remate da Vía Verde, a instalación dun monumento a Rosalía de Castro ou a reforma de Porta do Sol.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo convértese na primeira reitora da historia da Universidade de Vigo

A catedrática Carmen García Mateo será a primeira reitora da Universidade de Vigo nos...

Queremos Galego lembra o compromiso de Begoña Caamaño coa lingua

A plataforma Queremos Galego pechou este venres a campaña de difusión da mobilización do...

Condenan ao CSIC a indemnizar con 52.000 euros a unha traballadora por 17 anos de precariedade

A Sección do Social do Tribunal de Instancia de Vigo condenou ao Consello Superior...