InicioSociedadeA UVigo presenta a miniserie documental 'Desafíos do Océano: científicas ao mando'

A UVigo presenta a miniserie documental ‘Desafíos do Océano: científicas ao mando’

Seis investigadoras dan a coñecer a súa visión e o seu traballo en distintos eidos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Universidade de Vigo presentou este venres a miniserie documental ‘Desafíos do Océano: científicas ao mando’, un traballo audiovisual de seis capítulos, nos que outras tantas investigadoras dan a coñecer a súa visión e o seu traballo sobre cuestións como a presenza de plásticos no mar, a erosión costeira, os eventos extremos ou a sustentabilidade pesqueira.

Os capítulos, de 15 minutos de duración, xa están dispoñibles en rede e enmárcanse nun proxecto posto en marcha a través do Campus do Mar, coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), do Ministerio de Ciencia e Innovación (que achega 18.000 euros).

Esta miniserie documental está protagonizada por Celia Olabarria (especies invasoras – CIM-UVigo), Lucía Viñas (plásticos mariños – IEO), Ana Bernabeu (erosión costeira – CIM-UVigo), Marta Álvarez (acidificación oceánica – IEO), Silvia Torres (eventos extremos – Cetmar) e Carmen González Sotelo (sustentabilidade da pesca – IIM-CSIC).

As investigadoras coincidiron en sinalar a necesidade de levar a cabo accións que dean a coñecer as mulleres científicas e os seus ámbitos de actividade.

Para ampliar a súa acción, o proxecto ‘Desafíos do Océano’ complementouse cun concurso escolar dirixido a alumnos de 4º da ESO e de 1º de Bacharelato. O certame consistiu na elaboración dun vídeo de 3 minutos sobre algún dos retos de futuro en relación cos océanos.

Os gañadores do concurso foron alumnos e alumnas dun centro de Badaxoz e outro de Segovia, que puideron gozar dunha estancia de tres días en Vigo para coñecer ás científicas da miniserie e o seu traballo, así como a contorna mariña da cidade.

ÚLTIMAS

UXT denuncia unha “grave escaseza de persoal” na residencia Alvi Beade de Vigo

UXT Sanidade denunciou publicamente este martes a situación "especialmente preocupante" que atravesa a residencia...

Un ferido atrapado tras envorcar o seu turismo nun accidente na Ramallosa

Segundo informou o 112, varias persoas chamaron ao servizo para alertar de que o...

Abel Caballero despide o 2025 coa mirada posta no Vigo Vertical e no novo Plan Xeral

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance do que cualificou como "o mellor...

Rueda sitúa a Delta Vigo como punta de lanza da innovación galega no sector aeroespacial e da defensa

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor este martes o papel de...