InicioSucesosAcepta 5 anos de cárcere un acusado de abusar sexualmente da súa...

Acepta 5 anos de cárcere un acusado de abusar sexualmente da súa sobriña e dunha amiga, ambas menores

Os feitos ocorreron entre 2016 e 2017.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home acusado de abusar sexualmente da súa sobriña e dunha amiga dela, ambas menores de idade, aceptou este mércores penas que suman 5 anos de cárcere, nunha vista de conformidade que tivo lugar na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo.

O home aceptou os cargos a cambio dunha rebaixa na condena e impor finalmente 4 anos de prisión e 4 anos de afastamento de cada das vítimas por dous delitos de abuso sexual a menor; outros 6 meses de prisión e afastamento de ano e medio das novas, por dous delitos contra a indemnidad sexual en grao de tentativa; e seis meses máis de cárcere por un delito de coaccións.

O acusado foi procesado por realizarlles tocamentos á súa sobriña e á súa amiga nun domicilio; por enviarlles fotos e mensaxes facéndolles propostas inadecuadas; e porque, nun dos episodios de abuso, non deixaba saír á súa sobriña da casa. Os feitos ocorreron entre 2016 e 2017.

ÚLTIMAS

Centos de persoas saen á rúa en Vigo contra a crise da vivenda: “Nin unha Maricarmen máis”

Centos de persoas concentráronse este luns na Porta do Sol de Vigo, convocadas pola...

Vigo suspende por sorpresa a licitación do bus urbano, o maior contrato da súa historia

O Concello de Vigo publicou este luns na Plataforma de Contratación do Estado o...

A Xunta acorda a expropiación de case 15 hectáreas de monte comunal en Mos para a cidade deportiva do Celta

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a resolución da Consellería de...

A UVigo supera o 100 % de ocupación nos graos e suma 3.883 novas matrículas

A Universidade de Vigo (UVigo) alcanzou unha taxa de ocupación do 103 % na...