InicioSociedadeArmadores de Vigo mostran a súa preocupación ante a caída do consumo...

Armadores de Vigo mostran a súa preocupación ante a caída do consumo de peixe logo da pandemia

Solicitou este mércores ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, que se reduza ao 4% o imposto sobre o valor engadido (IVE) polos beneficios que supón para a saúde o consumo deste alimento.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI), en representación do sector pesqueiro, solicitou este mércores ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, que se reduza ao 4% o imposto sobre o valor engadido (IVE) do peixe polos beneficios que supón para a saúde o consumo deste alimento.

Nun comunicado, ARVI explicou que trasladou esta petición ao líder do Executivo central despois de expola en varias ocasións aos ministerios correspondentes, co obxectivo de que se estableza un IVE superreducido para o peixe, tal como se fico no caso doutros alimentos recoñecidos como “básicos”.

“Tras a pandemia, quedou de manifesto que o aprovisionamento de produtos de orixe mariña á poboación é un alicerce fundamental da cadea de subministración. Por esta razón, o sector pesqueiro e o complexo mar-industria comprometeuse a asegurar aos consumidores o abastecemento dun produto que contribúe en gran medida a garantir a saúde dos cidadáns”, reivindicou ARVI.

Neste sentido, puxo en valor que os produtos mariños son os alimentos que máis reforzan a saúde da poboación. “A maior consumo per cápita dos produtos pesqueiros, menos custos sanitarios futuros e maior consolidación da cadea mar-industria, da que a frota pesqueira integrada en ARVI constitúe o primeiro elo”, engadiu a asociación.

Neste sentido, os armadores vigueses mostraron a súa preocupación ante a caída do consumo de produtos pesqueiros despois da pandemia e ante a guerra en Ucraína, o cal está a afectar aos seus prezos de primeira venda e á rendibilidade das empresas pesqueiras.

ÚLTIMAS

Petición de cárcere para os autores dun atraco armado a unha sucursal de Abanca

A Fiscalía pide penas de 5 anos e 4 anos e 8 meses de...

Rescatan a unha moza atrapada nunha discoteca de Vigo tras pechar o local

Unha moza quedou atrapada nunha discoteca de Vigo na madrugada do venres ao sábado...

Vigo reforza a súa política de aluguer con compra pública e un millón para o programa Vigo Aluga

O Concello de Vigo comprará vivendas baleiras no mercado para incorporalas ao parque público...

Incidente cun coitelo leva a un home ante a xustiza por ameazas graves a un policía

Un veciño de Vigo enfróntase a un ano e medio de prisión como presunto...