InicioSociedadeCaballero presume da ocupación "practicamente total" e "fóra de serie" dos aloxamentos...

Caballero presume da ocupación “practicamente total” e “fóra de serie” dos aloxamentos turísticos en Vigo

Reivindicou que agosto foi un mes "extraordinario" e "excepcional" para a cidade, despois de que o aeroporto de Peinador superase os 114.000 viaxeiros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reivindicou que agosto foi un mes “extraordinario” e “excepcional” para o turismo na cidade, despois de que o aeroporto de Peinador superase os 114.000 viaxeiros, case un 20% máis que no mesmo período de 2019, último ano antes da pandemia.

Nun audio difundido aos medios de comunicación, Caballero subliñou que o mes pasado Vigo rexistrou unha ocupación “practicamente total” e “fóra de serie” en todos os seus aloxamentos turísticos.

Esta situación notouse tamén, ao seu xuízo, no aeroporto, onde se contabilizaron máis de 114.000 viaxeiros. Abel Caballero volveu a criticar á Xunta por non subvencionar voos en Vigo, como si fai o Concello.

ÚLTIMAS

O AVE Vigo-Lisboa podería estar rematado en 2033

O primeiro ministro de Portugal, Luís Montenegro, destacou que a liña de alta velocidade...

O padroado do Ifevi presenta unha nova tasación das instalacións para avanzar na súa xestión compartida

O padroado do Ifevi trasladou este venres á Xunta, ao Concello de Vigo e...

Abel Caballero denuncia un “ataque frontal” de Rafael Louzán contra a candidatura de Vigo para o Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres que o presidente da Real...