InicioCulturaDelaporte, Depedro ou Annie B Sweet estarán en Vigo a finais de...

Delaporte, Depedro ou Annie B Sweet estarán en Vigo a finais de outubro

Será no ciclo nacional de concertos do Vibra Mahou Fest.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O ciclo nacional de concertos do Vibra Mahou Fest engade á cidade de Vigo á súa programación, con actuacións os próximos 28 e 29 de outubro e a presenza de artistas como Delaporte, Depedro ou Annie B Sweet.

Así, o 28 de outubro na Sala Molotov terá lugar o concerto de Delaporte, un proxecto ecléctico e enérxico no que os seus impulsores, Sergio e Sandra, porán sobre o escenario galego o seu último traballo e repasarán os éxitos da súa carreira.

Xa o 29 de outubro, no Auditorio Mar de Vigo, haberá dúas sesións, ao mediodía e pola noite. Ese día subiranse ao escenario artistas como Depedro, Los Estanques e Annie B Sweet, e Mon Band, na sesión de mediodía; e Sienna, Nunatak, Shinova e Arde Bogotá pola noite.

Ademais destas actuacións, haberá sesións de DJ e ‘zona gastro’, con foodtrucks e outras propostas “para todos os padais”.

ÚLTIMAS

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...

Condenan ao Concello de Vigo por incumprimentos en materia de riscos laborais e debe indemnizar a 4 funcionarios

O Tribunal de Instancia de Vigo, Sección Social, praza 3, condenou o Concello de...

Tres mergulladores denunciados en Vigo por capturar polbo de talla inferior e extraer case seis quilos de bivalvos

A Policía Local de Vigo denunciou nos últimos días a tres persoas por irregularidades...

Interceptado en Moaña tras extraer ilegalmente máis de 25 quilos de centola e nécora

A Garda Civil interceptou nunha praia de Moaña (Pontevedra) un home de 32 anos,...