InicioSociedadeAbel Caballero reclama a Rueda que dea á cidade 3,5 millóns de...

Abel Caballero reclama a Rueda que dea á cidade 3,5 millóns de euros dos fondos europeos

Advertiu de que se a Xunta dedica eses fondos ao Porto pero non ao Concello é porque ten un "presidente sectario" e reparte os fondos procedentes do Goberno central "con criterios de política partidista".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, remitiu ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, unha carta na que reclama ao goberno galego que destine á cidade parte dos fondos europeos que o Executivo central asigna a Galicia no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliciencia, e precisou que, “de entrada”, debe asinar un convenio por “polo menos”, 3,5 millóns de euros, a mesma cantidade achegada ao Porto para o carril-bici desde o centro a Bouzas.

Nunha rolda de prensa, o rexedor olívico reiterou que, da “inxente cantidade” de fondos europeos Next Generation que o Goberno de España asigna á Xunta, a administración autonómica non dedicou “nin un euro á primeira cidade de Galicia”.

Por contra, censurou, si asigna partidas a “outras institucións”, como o Porto de Vigo, co que asinou un convenio para a construción dun carril-bici pola fachada marítima da cidade, cunha dotación de 3,5 millóns de euros. “E non dedican nada á mobilidade sustentable de Vigo”, lamentou o alcalde.

Por iso, Caballero remitiu unha carta a Alfonso Rueda na que reclama, “de entrada”, un convenio por ese mesmo importe, e advertiu de que se a Xunta dedica eses fondos ao Porto pero non ao Concello é porque ten un “presidente sectario” e reparte os fondos procedentes do Goberno central “con criterios de política partidista”.

ÚLTIMAS

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...

O PP de Vigo critica que Samil continúe sen Bandeira Azul mentres Caballero asegura que a recuperará no extremo norte

O grupo municipal do PP de Vigo lamentou este venres que a emblemática praia...

A Universidade de Vigo crea unha cátedra con BorgWarner para reforzar a formación tecnolóxica e a captación de talento

A Universidade de Vigo e a empresa BorgWarner Emissions Systems Spain formalizaron este venres...