InicioSucesosA Policía alerta dunha vaga de ciberestafas con criptomoedas en Vigo e...

A Policía alerta dunha vaga de ciberestafas con criptomoedas en Vigo e Redondela: vítimas con perdas de ata 2 millóns

Os estafadores usan intelixencia artificial para imitar a famosos e convencer aos investidores de ingresar máis diñeiro antes de desaparecer.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Nacional alertou sobre o aumento de ciberestafas relacionadas co investimento en criptomoedas na área de Vigo e Redondela, e sinalou que, cada semana, acoden a dependencias policiais vítimas que denuncian enganos de plataformas fraudulentas que prometen unha alta rendibilidade de maneira rápida. Segundo explicaron fontes policiais, os ciberdelincuentes captan a posibles investidores a través de anuncios publicados en Internet, e manipulados con intelixencia artificial, nos que un personaxe coñecido anima a investir en criptomoeda.

As cantidades estafadas adoitan ser moi altas e recibíronse denuncias de ata 2 millóns de euros. Os estafadores utilizan esas páxinas web ou redes sociais para ofrecer falsos investimentos en criptomoedas cunha alta rendibilidade e unha nula posibilidade de perdas. Para darlle maior credibilidade válense da intelixencia artificial, coa que crean anuncios coa imaxe e voz de personalidades famosas e así xeran maior confianza no negocio. Unha vez que as vítimas investiron, xeralmente reciben unha cantidade de diñeiro en concepto de beneficios e este será o gancho para que aumenten a cantidade de diñeiro depositada.

No intre no que solicitan a retirada do capital, os estafadores crean identidades falsas coas que volverán a embaucar e presionar aos investidores, prometendo a devolución do diñeiro a cambio dun novo pago, e moitas vítimas chegan a pedir préstamos para seguir investindo. A Policía advertiu de que tamén se deron casos en que os prexudicados volven ser estafados cando, coa escusa de que recuperen o diñeiro investido, reciben chamadas de falsos avogados especializados que lles piden máis pagos para iniciar uns supostos trámites legais.

ÚLTIMAS

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...

Roubo “sacrílego” de cálices, copones, patenas e unha xerra nunha igrexa de Nigrán

A Diocese de Tui-Vigo lamentou o roubo rexistrado o pasado mércores na igrexa de...