InicioSociedadeO BNG de Vigo critica duramente a "nefasta xestión" de Elena Espinosa...

O BNG de Vigo critica duramente a “nefasta xestión” de Elena Espinosa ao fronte da área de Seguridade

Apuntou que, baixo a súa xestión, a cidade "non foi segura por non dispor, entre outros, do número necesario de efectivos de bombeiros"

PUBLICADO O

- Advertisement -

O concelleiro do BNG no Concello de Vigo, Xabier Pérez Igrexas, cualificou este mércores de “medida cosmética” a remodelación do goberno local anunciada nas últimas horas polo alcalde da cidade, e vinculou a saída Elena Espinosa da área de Seguridade coa “nefasta xestión” da concelleira socialista.

Pérez Igrexas, que lembrou que Espinosa xa deixou hai meses as responsabilidades na área de Persoal, apuntou que, baixo a súa xestión, a cidade “non foi segura por non dispor, entre outros, do número necesario de efectivos de bombeiros”, e acusou á edila de “cronificar” eses problemas.

A xuízo do concelleiro do BNG, a creación dunha concellaría para xestionar os fondos da UE, como a que Abel Caballero anunciou para Elena Espinosa, non é senón unha “coartada para camuflar” esa retirada de competencias e para que a concelleira “continúe percibindo por unha dedicación exclusiva retribuída con case 61.500 euros brutos anuais”.

“Os problemas non se resolven con cambio de caras, o que urxe é unha rectificación completa das nefastas políticas desenvolvidas tanto no ámbito de Persoal como, sobre todo, en Seguridade”, resolveu.

ÚLTIMAS

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...