InicioPolíticaCaballero pide fondos para subvencionar o bus urbano: "A Xunta desenténdese de...

Caballero pide fondos para subvencionar o bus urbano: “A Xunta desenténdese de Vigo”

"O colmo da desvergoña é escoitar á delegada da Xunta dicir que quere que Vigo pague o transporte da Xunta", denuncia o alcalde.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu reclamar este venres á Xunta de Galicia que dea fondos para subvencionar o billete de bus urbano bonificado, de maneira que, achegando un 30 % do prezo (o mesmo porcentaxe que achega o Goberno central), o usuarios ordinarios do cartón PassVigo pagarían só 35 céntimos por viaxe.

Así o volveu a manifestar nunhas declaracións remitidas aos medios de comunicación, na que aseverou que o goberno galego “non achega nada” e “se desentende de Vigo”. “Voulle enviar unha carta ao presidente Rueda dicindo que está obrigado a rebaixar o billete de bus urbano (…) por que a Xunta non fai o mesmo que o Goberno de España?”, proclamou.

Ademais, e con respecto ao anuncio de Rueda sobre a rebaixa do 50 % nos prezos dos buses interurbanos e o transporte de ría, Abel Caballero matizou que o 30 % corresponde á rebaixa que financiará o Goberno. “A Xunta anunciou unha redución do 50 % pero esqueceuse de dicir que un 30 % o paga Pedro Sánchez. A Xunta só achega (á rebaixa) o 20 %”, aclarou.

Por outra banda, o rexedor respondeu ás críticas da Xunta (pola negativa do goberno local a integrarse no sistema metropolitano de transporte): “O colmo da desvergoña é escoitar á delegada da Xunta dicir que quere que Vigo pague o transporte da Xunta”.

Nese sentido, Abel Caballero volveu incidir en que o goberno autonómico pretende “que os de fóra, cando collan un bus urbano, non paguen nada, e que paguen os de Vigo”, é dicir, “que o Concello lle poña gratis aos de fóra o Vitrasa, e que os de Vigo paguen”. “É inconcibible. Non dou crédito”, afirmou, e engadiu: “Iso non vai pasar mentres eu sexa alcalde. O que queira facer a Xunta, que o pague a Xunta, nós non llo pagamos”.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...