InicioSucesosSorprenden un home cando tentaba prender lume baixo unha árbore en Vigo

Sorprenden un home cando tentaba prender lume baixo unha árbore en Vigo

É tamén o presunto autor dun lume que calcinou varios colectores.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo identificaron un veciño da cidade, D.M.G., de 43 anos de idade, como presunto autor dun lume que calcinou varios colectores, e que foi sorprendido no parque da Riouxa cando prendía unhas follas secas baixo unha árbore.

Segundo confirmaron fontes policiais, os feitos ocorreron na madrugada do luns, cando o 092 recibiu un aviso sobre un colector ardendo na Baixada á Rotea. Cando chegaron os axentes entrevistáronse cun traballador dunha empresa frigorífica das inmediacións e esta testemuña explicoulles que acababa de botar da zona a dúas persoas toxicománas, das que achegou a descrición física, e que poderían ser as causantes do lume.

Mentres os bombeiros extinguían as chamas, que afectaron a varios colectores e a cableado da liña telefónica, os axentes realizaron unha procura polo parque da Riouxa e observaron un estraño movemento nun grupo de árbores.

Ao achegarse, sorprenderon un home oculto que estaba a tentar plantar lume a unha chea de follas secas acumuladas na base dunha árbore. O home respondía á descrición facilitada pola testemuña, polo que os policías sospeitaron que tamén estaba implicado no incendio dos colectores.

Ao rexistralo, os axentes atopáronlle dous chisqueiros nos petos, que lle foron intervidos. Así mesmo, realizaron un informe de intervención ante unha posible reclamación por danos.

ÚLTIMAS

Evacuada unha pasaxeira ferida do buque oceanográfico vigués Sarmiento de Gamboa

Unha persoa que navegaba no buque oceanográfico Sarmiento de Gamboa resultou ferida mentres realizaba...

Vigo reclamará a Audasa máis de 138.000 euros polo IBI da AP-9

O Concello de Vigo reclamará á concesionaria da AP-9, Audasa, o pagamento de 138.345...

O TSXG revisa este luns a condena de 13 anos e medio polo crime de Coia

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia celebrará...

Sanidade licita por 284.000 euros reactivos clave para transplantes no Hospital Meixoeiro

A Xunta de Galicia, a través do Servizo Galego de Saúde (Sergas), publicou no...