InicioSucesosQuenda en liberdade a parella conflictiva detida en Bueu durante unha protesta...

Quenda en liberdade a parella conflictiva detida en Bueu durante unha protesta dos seus veciños

Acúsanos de ser os responsables dos continuos roubos na zona.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado de instrución número 2 de Marín acordou este venres a posta en liberdade provisional de dous veciños de Bueu, que foron detidos nas últimas horas, e que están investigados por roubo de vehículos, furto e condución sen carné.

Segundo confirmaron fontes do TSXG, trátase dun home e unha muller. Ao primeiro deles investígaselle por dous delitos de furto de uso de vehículo de motor, outro furto e un delito contra a seguridade viaria por conducir sen carné; mentres que á muller investígaselle por un delito de furto de uso de vehículo de motor.

Ambos foron detidos este xoves en Bueu. No caso do home, confirmaron fontes da investigación, foi arrestado no domicilio que comparte coa muller cando, precisamente, neses momentos, estaba a ter lugar unha concentración de veciños, que cortaron o tráfico para protestar pola presenza deses mozos no barrio, aos que acusan de ser conflitivos, cometer roubos e ameazas.

Fontes xudiciais confirmaron que “non se pediu ingreso en prisión, á marxe das causas que poidan ter noutro xulgado”. De feito, estes delitos súmanse á investigación, por parte dun xulgado de Cangas, dun furto que se cometeu horas antes da detención. As forzas policiais sinalaron que teñen antecedentes e vinculación con outros delitos como roubos con forza e tráfico de estupefacientes.

ÚLTIMAS

A CIG denuncia que o modelo de Muface prioriza o beneficio económico sobre o dereito á saúde

A CIG denunciou este luns que o modelo de mutualismo administrativo está deseñado para...

La Reina del Flow encabezará o Galicia Fest 2026 cun concerto no Porto de Vigo

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, anunciou este luns o primeiro cabeza...

Guerra de cifras e reproches entre a Xunta e o Concello de Vigo pola vivenda e o Mundial 2030

A Xunta de Galicia reivindicou este luns o seu compromiso coa construción de vivenda...

Un policía local de Redondela resulta ferido ao deter un home que tentou reter a unha moza

Un axente da Policía Local de Redondela resultou ferido este fin de semana durante...