InicioVigo e contornaVigoDeteñen unha muller en Vigo acusada de maltratar á súa avoa

Deteñen unha muller en Vigo acusada de maltratar á súa avoa

A anciá ten 88 anos e padece demencia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha muller de 32 anos foi detida como presunta autora dun delito de malos tratos no ámbito familiar por agredir á súa avoa, de 88 anos e que padece demencia senil. Os feitos ocorreron o pasado martes nunha casa da rúa Meixoeiro, segundo difundiu este xoves a Policía Local de Vigo, que recibiu o aviso de veciños da zona que aseguraban que as discusións na vivenda eran “moi frecuentes”.

Personados no lugar, os axentes foron recibidos por unha muller que manifestou que non ocorría nada. Nese momento, sempre segundo o relato policial, apareceu a filla da muller que abrira a porta, quen se atopaba “moi alterada e nerviosa” e que trasladou aos axentes “que discutira coa súa avoa, dado que tiña demencia senil”.

Os policías estableceron un diálogo coa octoxenaria, que asegurou aos axentes que a súa neta lle quitou o DNI e esixiulle o número PIN da conta bancaria, ao que se negou. Segundo a vítima, a súa neta suxeitouna pola camiseta, moveuna e, despois, agarrouna da mandíbula para, a continuación, empuxala. Tras a denuncia, os axentes procederon á detención da muller de 32 anos como suposta autora dun delito de malos tratos no ámbito familiar.

ÚLTIMAS

Novas mobilizacións en centros de Vigo: “a educación é un dereito e non máis recortes”

Membros da comunidade escolar do CEIP A Paz Tintureira de Vigo concentráronse este xoves...

Seguen as críticas cruzadas para que Balaídos sexa sede no Mundial de fútbol de 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamou este xoves á Xunta e á Deputación...

Caballero ironiza sobre as vivendas da Xunta en Vigo: “Fan máis visitas que pisos constrúen”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ironizou este xoves sobre a nova visita da...

Plan Camgal en nivel 1 por vertedura do depósito de graxa de palma no Porto de Vigo

A Xunta de Galicia activou á primeira hora da tarde o Plan Territorial de...