InicioPolíticaOs alcaldes do PP reprochan a Caballero que avale o plan de...

Os alcaldes do PP reprochan a Caballero que avale o plan de aforro enerxético sen debatelo na FEMP

O alcalde de Vigo participou en representación das entidades locais na Conferencia Sectorial de Enerxía.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os alcaldes do PP expresaron este martes a súa desconformidade co presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), e alcalde de Vigo, Abel Caballero, por dar o seu apoio ao decreto do Goberno de central que recolle o plan de aforro enerxético sen contar co aval da organización municipalista.

Abel Caballero participou en representación das entidades locais na Conferencia Sectorial de Enerxía deste luns que abordou o decreto de medidas de aforro enerxético, mostrando o seu apoio e cooperación a este plan do Goberno.

Con todo, o vicepresidente da FEMP e alcalde de Estepona, José María García Urbano, denunciou que a institución non tratou nin analizou nos seus órganos de goberno este decreto, polo que recriminou a Abel Caballero que dese o aval da Federación a estas medidas.

Neste contexto, García Urbano censurou que desde a presidencia da FEMP se adopten decisións que afectan a todas as entidades locais “de maneira unilateral e sen que exista unha postura oficial da institución“.

Pola súa banda, o portavoz do PP na FEMP e alcalde de Zaragoza, Jorge Azcón, cualificou de “intolerable” que Caballero utilice a presidencia da FEMP para, baixo o seu punto de vista, “soster a Sánchez e o seu Goberno”.

ÚLTIMAS

A Fundación Laxeiro expón unha serie de debuxos inéditos cunha gran forza expresiva

A sede da Fundación Laxeiro, na Casa das Artes de Vigo, expón desde este...

Ciencia de Ida e Volta en cafés de Pontevedra, Vigo e Ourense por parte do alumnado sénior da UVigo

Exercer de embaixadores e embaixadoras da ciencia e do coñecemento. Esa será a misión...

Caballero esixe á Xunta 9 millóns ao ano para Vigo por ser “a cidade máis importante de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, esixiulle este martes á Xunta de Galicia que,...

O BNG leva á Valedora a negativa de Caballero a comparecer polo caso Saltamontes

O grupo municipal do BNG en Vigo presentou unha queixa ante a Valedora do...