InicioSucesosDetido en Vigo tras agredir un axente ao negarse a someterse á...

Detido en Vigo tras agredir un axente ao negarse a someterse á proba de alcoholemia

O condutor chocara co seu vehículo contra un semáforo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home, J.A.C.R. de 31 anos de idade, foi detido o pasado sábado en Vigo tras agredir a un axente da Policía Local ao negarse a someterse a unha proba de alcoholemia. Tal como informou o corpo de seguridade, os feitos ocorreron sobre as 08,40 horas, cando unha chamada alertou de que un vehículo chocara contra un semáforo na rúa Cronista J. Espinosa, causándolle danos.

Desta maneira, iniciouse a procura do coche, localizándose en Jenaro de la Fuente, polo que se procedeu a darlle o alto, momento no cal o condutor acelerou a marcha, perdéndose pola Avenida do Aeroporto.

Con todo, finalmente foi interceptado tras aparcar o vehículo nunha rúa sen saída, polo que os axentes trataron de identificar o seu condutor, “respondendo de maneira alterada e con actitude nerviosa”.

Ante os signos “evidentes” de atoparse baixo os efectos de bebidas alcohólicas ou outras drogas, os funcionarios trataron de someter o condutor a unha proba, sendo informado de que se trata dun delito negarse á mesma. Nese momento, comezou a escalar o seu grao de agresividade, chegando a bracear cara á cara dun dos axentes e dando un lapote á man do mesmo.

Por iso, foi detido como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria ao negarse a realizar as probas de alcoholemia e outro de desobediencia, resistencia e atentado a axente da autoridade.

ÚLTIMAS

Anpas de Vigo denuncian a “situación de abandono” e o “desmantelamento” do ensino público

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais do Alumnado de Vigo e...

Vigo únese á dor polo accidente de Toledo: Abel Caballero suspende axenda e pide que “este país estea unido” ante a traxedia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou a cancelación de toda a súa axenda...

A UVigo busca romper a “cadea de exclusión”: cinco persoas procedentes do sistema de protección de menores reciben xa apoio para estudar

A Universidade de Vigo (UVigo) puxo en marcha un programa piloto de inclusión académica...

Xulgado en Vigo por increpar un camareiro homosexual: “Axeónllate e arrepíntete ante Deus por ser homosexual”

Un home acusado de increpar e insultar reiteradamente un traballador dunha cafetería de Vigo...