InicioEconomíaO Xulgado acorda o despedimento de 100 traballadores de Barreras, cunha indemnización...

O Xulgado acorda o despedimento de 100 traballadores de Barreras, cunha indemnización de 20 días por ano

Considera que quedaron acreditadas "as causas económicas e produtivas motivadoras da medida".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra, con sede en Vigo, acordou este xoves a extinción, con data a 1 de agosto, dos contratos de traballo de cen empregados do estaleiro Hijos de J. Barreras, en fase de liquidación tras ser declarada en concurso voluntario.

Tal como informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), esta resolución xudicial tamén afecta dúas empregadas que realizan labores administrativos e que seguirán en activo ata que sexa solicitado pola Administración Concursal, pois os postos de traballo que desempeñan son necesarios para este período de liquidación.

Segundo o disposto polo xulgado, os afectados por este despedimento colectivo, que estarán en ERTE ata o 31 de xullo, serán indemnizados con 20 días por ano traballado. A maxistrada tomou esta decisión unha vez que quedaron acreditadas, segundo explica, “as causas económicas e produtivas motivadoras da medida interesada, consistente na extinción colectiva dos contratos de traballo de 102 traballadores do persoal”.

No auto conclúese que non existen indicios para apreciar que concorra “dolo, fraude, coacción ou abuso de dereito, visto o informe favorable da Autoridade Laboral”.

Examinada a documentación achegada polos representantes dos traballadores por parte da titular do órgano xudicial, non se desprende dela, segundo indica a resolución, “a existencia dun grupo de empresas patolóxico con transcendencia laboral, que permita estender a responsabilidade da concursada para os efectos da extinción colectiva dos contratos de traballo” a outras compañías.

Contra este auto do Xulgado do Mercantil número 2 de Pontevedra cabe interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O peche de Barreras suporá o despedimento de 100 dos seus 120 traballadores, despois de que Astilleros Armón adquirise a unidade produtiva da compañía e acordase contratar 20 dos seus empregados.

ÚLTIMAS

O crime de Lavadores terá que esperar: suspenden o xuízo contra o home acusado de matar a súa irmá a coiteladas no 2024

O xuízo polo asasinato de Mari Carmen, a muller que morreu a coiteladas en...

A Biblioteca do Estado en Vigo dá un novo paso: o Goberno acepta os terreos cedidos polo Concello

A futura Biblioteca do Estado en Vigo dá un novo paso administrativo cara á...

Un SMS que parecía do banco: así estafaron máis de 1,14 millóns de euros a 130 persoas nunha trama cunha detida en Vigo

Unha mensaxe no teléfono móbil, unha suposta transferencia bancaria fraudulenta e unha chamada urxente...

Vigo crea ‘A Navideña’, unha “Compostelana” que acredita a visita á cidade durante as festas

OO alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou a creación de "A Navideña", un certificado...