InicioPolíticaO BNG de Vigo critica que Caballero non aclare cuestións vinculadas ao...

O BNG de Vigo critica que Caballero non aclare cuestións vinculadas ao Pitanxo

Tras unha pregunta rexistrada polo BNG, os socialistas limitáronse a contestas que é se trata dun tema tan "transcendental" que debería tratarse a través dunha moción.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo criticou este mércores a negativa do alcalde de Vigo, Abel Caballero, a explicar as xestións realizadas polo rexedor co Goberno central para investigar as causas do naufraxio do pesqueiro galego ‘Villa de Pitanxo’.

Todo iso despois dunha pregunta rexistrada polo Bloque no pleno do Concello de Vigo deste mércores, que fora comprometida coas familias das vítimas, e que a resposta recibida por parte dos socialistas, xa que o alcalde non se atopaba no pleno nese momento porque se ausentou antes, foi que é unha cuestión tan “transcendental” que debería tratarse a través dunha moción.

O concelleiro nacionalista, Xabier P. Igrexas, lembrou que unha pregunta rexistrada por escrito obriga a unha contestación oral na mesma sesión. Con todo, o tenente de alcalde, Javier Pardo (que nese momento presidía o pleno porque Caballero xa se había ido), limitouse a alegar que o asunto debería ser abordado como unha moción, sen ofrecer máis explicacións.

“Sen coñecer completamente a verdade do que ocorreu non pode haber xustiza, e sen xustiza non pode haber a reparación que merecen as familias das vítimas”, lamentou Pérez Igrexas.

Entre outras iniciativas da oposición que foron rexeitas polos socialistas, que contan con maioría absoluta en Vigo, atopábase unha moción do PP que buscaba instar o Goberno de España a dotar dos trens Avril para permitir a chegada da alta velocidade á cidade olívica.

Tamén o grupo municipal Mixto, formado por Marea de Vigo, impulsou unha moción para que o goberno local garantise o cumprimento da lexislación laboral nas concesionarias municipais. Unha iniciativa que foi rexeitada cos votos do PSOE, a pesar de que tanto BNG, como PP e Marea de Vigo votaron a favor.

ÚLTIMAS

A CIG denuncia que o modelo de Muface prioriza o beneficio económico sobre o dereito á saúde

A CIG denunciou este luns que o modelo de mutualismo administrativo está deseñado para...

La Reina del Flow encabezará o Galicia Fest 2026 cun concerto no Porto de Vigo

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, anunciou este luns o primeiro cabeza...

Guerra de cifras e reproches entre a Xunta e o Concello de Vigo pola vivenda e o Mundial 2030

A Xunta de Galicia reivindicou este luns o seu compromiso coa construción de vivenda...

Un policía local de Redondela resulta ferido ao deter un home que tentou reter a unha moza

Un axente da Policía Local de Redondela resultou ferido este fin de semana durante...