InicioPolíticaAbel Caballero pide unha reunión a Rueda para pedirlle que "deixe de...

Abel Caballero pide unha reunión a Rueda para pedirlle que “deixe de marxinar e danar” Vigo

O alcalde reclama unha "débeda histórica" da Xunta coa cidade de máis de 2.000 millóns de euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, enviou unha carta ao novo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, onde lle solicita unha reunón con el para tratar diferentes temas que afectan á cidade e para que o Goberno galego “deixe de marxinar e danar” a urbe.

Caballero explicou que foi no acto de entrega da Medalla de Ouro do Círculo de Empresarios de Galicia a Jaime Borrás Sanjurjo cando Caballero lle tendeu a man a Rueda e este último fixo o mesmo para tratar de traballar xuntos polo ben da cidade.

Neste sentido, o alcalde pediu un “cambio de rumbo” ao Executivo galego, para que preste máis atención a Vigo e satisfaga a “débeda histórica” coa cidade, xa que Caballero reclama máis de 2.000 millóns de euros.

Por iso, na carta solicita ao presidente da Xunta que pacte unha entrevista con el sobre temas que Caballero leva reiterando nos últimos meses, como o abastecemento de auga á cidade. “É a ocasión de que este novo presidente vire e empece a tratar Vigo como se merece”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...